penafurada.net, o novo sitio web oficial do proxecto arqueolóxico

Anunciámosllo onte aos asistentes á charla que impartirmos (2 horas, que bestas somos!!!) na Gentalha do Pichel, pero hoxe podedes acceder tamén todo o mundo. penafurada.net é o novo sitio web que concentra todo o material ao redor do sitio arqueolóxico de Pena Furada, o xa publicado e tamén moitísimos novos contidos no ámbito da descrición e interpretación desenvolvidos por Antón Malde e que supoñen moitas horas de esforzo para comprender un sitio arqueolóxico moi complexo. Así que, para coñecer un pouco as conclusións da campaña 2011, eu recoméndovos o traballo de Malde en Descrición e Interpretación do sitio arqueolóxico. E haberá máis sorpresas.

Levamos xa tempo deseñando a estratexia para abordar a campaña 2012, da que este web forma parte; cremos que parte do factor experimental do proxecto arqueolóxico da Pena Furada será, a partir de agora, a obtención de recursos de xeito innovador e o web será unha parte importante do proceso.

One Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará