A cerna do Patrimonio Cultural son as persoas


Equipo de Pena Furada – Campaña 2011

Durante este outono, un equipo de persoas dos que poucos nos coñeciamos persoalmente entre nós confiamos os uns nos outros e axuntámonos para sacar adiante un proxecto: unha intervención arqueolóxica branda nun outeiro de Coirós que revelou moito máis do que agardabamos. Todas estas persoas fixérono por paixón, por curiosidade e por emoción: experimentaron o pasado nas súas mans e sentaron as bases, outra vez (houbera meritorios intentos nos 80) dunha relación máis directa e colectiva co patrimonio cultural en Galicia. Das persoas, e da relación co patrimonio cultural, das posibilidades, desafíos e dificultades, falaremos hoxe, ás 20.30 h., na Gentalha do Pichel, en Compostela. A entrada libre e de balde.

3 Comments

  1. Manuel Santos
    9 / Febreiro/ 2012

    Contra os estereotipos e falsos tópicos, os traballos de Pena Furada son un bo exemplo da capacidade colaborativa da xente deste país. Na próxima campaña seguro que haberá grandes descubertas.

  2. Antón Malde
    9 / Febreiro/ 2012

    Lindo! Parabéns para todos.

  3. alvarez
    9 / Febreiro/ 2012

    Proxectos como este, entre outros, nos xo os gozades os que participades, senon que tamen os disfrutamos os que estamos atentos as vosas tarefas, teñan ou non resultados tan bos como neste caso.
    Saude e ánimo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará