Garnacha Vella da Chaira do Ramiriño 2009: unha singularidade das montañas

Aparte de estar sen nome, a Garnacha Vella da Chaira do Ramiriño 2009 é un viño ben singular da D.O. Valdeorras. Trátase dun viño de produción bastante escasa, da Adega Sampayolo, que pertence a ese conxunto de ‘garnachas’ recuperadas que tantas sorpresas e alegrías están dando nos últimos anos en Valdeorras. Nariz rotunda, viño profundo con notas minerais, corpo amplo, como de mencía de terras algo impropias. Esta garnacha nada ten que ver coas súas curmáns mediterráneas. É un viño singular, raro pero sabroso para os amantes da diversidade dos nosos viñedos. Andará sobre os 8 ou 9 euros.

One Comment

  1. 13 / Outubro/ 2011

    Mira que me gustan a mi las garnachas, sobre todo las del Mocayo, pero me has puesto la miel en los labios, con esta, la intentaré buscar, aunque supongo que tendré que esperar a las vacaciones para ir por terras galegas y buscarle. Un saludo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará