A velocidade de Jazz Maynard

Last updated on 5 / Outubro/ 2011


Teño a sorte (como todos vós) de poder atemperar a miña ignorancia do mundo da banda deseñada cos textos de dous magníficos columnistas de culturagalega.org: Melo, co seu plural Melodixit, e Eduardo Maroño, coas súas marabillosas Paisaxes de Papel. Foi Maroño quen o outro día, na súa primeira entrega sobre cómic e Barcelona, falou de Jazz Maynard, a creación de Raule e Roer Ibáñez. Trátase de Jazz Maynard, un músico do barrio barcelonés do Raval cunha dobre vida como ladrón de luva branca, que regresa de Nova York e atópase unha cidade corrupta e dominada polas mafias.

Unha magnífica arte gráfica viste a historias de acción trepidante que levan ao lector por escenarios imaxinarios e reais, onde Barcelona é o centro de todas as corruptelas e os políticos son unha extensión máis de toda esta rede. Estas historias teñen, nalgúns casos, extraños toques fantásticos de carácter algo gore, que sumen unha historia que, por momentos, nos seus detalles, é ultrarrealista, en algo desubicado no tempo e no espazo.

Os álbumes de Jazz Maynard (eu teño unha compilación en B/N, pero hai máis) son unha dinámica, vertixinosa narrativa que reinventa o Raval.

Aquí se pode botar unha ollada máis detida a Jazz Maynard.

One Comment

  1. 13 / Outubro/ 2011

    Ola Manuel, non foi ata onte que vin este post. Alégrame que gostaras do Jazz Maynard. Coido que un dos seus méritos é o de estar a metade de camiño entre o tebeo comercial e de vocación maioritaria e o tebeo de autor. Hai intriga e acción, mais tamén elementos persoais, un certo intimismo… Gosto particularmente dese Raval e esa Barcelona sutilmente ficticios, lixeiramente alonxados dos referentes reais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará