Segunda semana en Pena Furada: a intervención hora a hora


Foto: JFK

Hoxe comezamos coa segunda fin de semana de intervención no sitio arqueolóxico de Pena Furada. Onte pasamos por alí para organizar o traballo e uns vellos agasalláronnos con historias de mouros acontecidas nese lugar, ao que chamaron -nome ben fermoso- os Penedos de Córmeas. De alí partía un túnel polo que baixaban -contáronnos- os cabalos dos mouros a beber no río.

Coma sempre, irémovos contando todo o que vaia acontecendo. A iso das 11 e algo, subiremos un primeiro vídeo do inicio dos traballos e os retos de hoxe, no meu twitter e na páxina oficial de Pena Furada en Facebook, onde iremos publicando actualizacións e achados todo o día. Pola noite, Antón Malde e os voluntarios vos farán un resumo en vídeo do achado no día. Vai ser tremendo: agárdannos 30º de calor aló no penedo hoxe! Sede pacientes cos tempos, que no penedo temos “cobertura móbil variable” en función do vento. Dígoo en serio. Así que subir vídeos e fotos e unha tarefa que esixe paciencia. :-)

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará