Diario de Pena Furada (25/09/11)

15 Comments

  1. 25 / Setembro/ 2011

    Se esa pedra é colocada a propósito na fendedura, entón cal é a súa función? E por qué non hai máis no mesmo sitio ou noutras?
    Isto ponse moi interesante, ánimo co traballo!

  2. 25 / Setembro/ 2011

    Pois o que di Antón, aínda non temos claro o que é e convén analizalo. Pode ser desde un afiador ata outra cousa, xa que ten unhas gravuriñas nunha das superficies que hai que revisar. Tampouco sabemos se é un útil cotián ou é un exvoto, ou un útil cotián que desempeña outra función. Como dato de contexto, toda a área na que foi atopado isto ten moito material de derrube en superficie da zona superior, así que calquera das dúas opcións -depositarse ou caer casualmente- é posible. Tampouco sabemos se hai máis. Aínda non acometimos practicamente a limpeza de fendas grandes das pedras.

  3. Elixio Vieites
    25 / Setembro/ 2011

    Eu vou a decir algo que ao mellor soa algo raro, pero, podíase barallar que fora unha pedra de afiar?. Eu teño visto gardar esas pedras en lugares máis ou menos ocultos, para cando se volvía ao monte non cargar con ela, aínda que tamén podía ser da mesma época co recinto e tería a mesma función. De todas maneiras hai que ver que tipo de pedra é, pero a forma é tal cual, e de aí a forma redondeada de un lado, para “matar o fío”. Recordar que antes os piñeiros tumbábanse co machado moi grandes e necesitaban de ese tamaño de pedra.

  4. 25 / Setembro/ 2011

    Non soa nada raro, Elixio. Xa apuntei esa posibilidade eu no comentario de enriba do teu. Hai que botarlle unha visual, porque por agora está todo aberto e hai que miralo con calma. O que está claro de primeiras é que non é pedra do sitio, vén de fóra.

  5. 26 / Setembro/ 2011

    Excepcional traballo. Santuario de libro. Fíxose algún traballo de recolleita de lendas ou antigas tradicións vencellados co lugar?
    Hai uns días, contáronme en San Isidro (Campo Lameiro), un ritual, hoxe perdido, que pode gardar relación: A “peregrinaxe” que todos os anos os vellos da redonda facían á Pena (ou Pedra) Mamadeira (descoñécese o lugar onde se acha o penedo, quizais no monte de Serrapio (Pedre-Cerdedo)). Na Pena Mamadeira sobrancean uns peitos, ou na pedra alguén gravou o corpo dunha muller de grandes mamas, ou… (moitas versións). Xa en Pena Mamadeira, os homes chuchaban daquelas peitos para renovar a virilidade.

  6. Pedro Bravo
    26 / Setembro/ 2011

    Creio lembrar uma quadro de Castelao em que se via um fauno deitado no chão e chupando do teto duma rotunda mama à que abraçava.
    A aldeia ao pé do monte chama-se Maial (Ou há duas, Maial de Cima e Maial de Abaixo, pertencentes às paróquias de Santa Maria de Oza e Santiago de Reboredo).

  7. 26 / Setembro/ 2011

    Aaaaah! O sábado eu comecei a limpar esa fenda! XDDD

    Vémonos o sábado que vén para seguir sumando pezas ó puzzle do misterio de Pena Furada ;)

  8. 26 / Setembro/ 2011

    Calros, si, nos 80 Antón estivera recollendo info sobre o lugar. Só a Moura. O resto, “ausente”. O que lle chamou a atención a Antón é que “nin se sabía nin se quería saber”. A sensación é bastante máis rara agora. Fíxate coa de cerámica que está saíndo en superficie e as varias estruturas que se poden adiviñar por alí. Cando aquelo, hai unhas décadas, era zona de pastoreo, as evidencias humanas debían ser máis evidentes, pero non se transferiron ao folclore. Non puiden evitar pensar no Monte do Señoriño, en Armea, onde nesa área só había un vago recordo dos “mouros” e da “fonte dos mouros”, pero nada máis.

    Con respecto á Moura, despois de “convivir” con ela dímonos conta dun fermoso detalle que che ha gustar. Hoxe publicareino con fotos.

    Interesantísimo o tema que comentas da Pena Mamadeira. Vas publicalo, poderiamos ter acceso a unha transcrición ou a un audio…? Sería interesante adxuntalo no informe inicial, obviamente mencionando a fonte e o recolector. Eu descoñecía esa tradición.

  9. 26 / Setembro/ 2011

    Ifrit, Fátima está embalada. :-)

    Na vosa zona apareceu o agardado: aquel barranco estaba agachando un muro de contención da plataforma da Moura. Comezamos a ver como se sosteñen as plataformas. A última hora de onte ficou esa área bastante limpa.

  10. 26 / Setembro/ 2011

    Manuel, farei por gravar o informante que se deixe. As noticias son moi vagas, nin tan sequera están certos da súa localización (quizais, só quizais, no monte de Serrapio (unhas cantas hectáreas)). Estiven pateando a zona e só trouxen unhas boas picadas nas pernas. De todos os xeitos, a túa visita a Serrapio (topónimo controvertido) é necesaria: unha capela e cruceiro enriba duns outeiros e ao pé do río Lérez.
    No tocante á pescuda de info mitolóxica, ás veces o lugar pode non ser relevante para os poboados máis achegados e si para os un chisco afastados. O folclore da Pena, ou Pedra, ou Laxa Mamadeira recollino en San Isidro (Campo Lameiro), bastante arredado do lugar onde supostamente se acha (Serrapio).

  11. Giannini
    27 / Setembro/ 2011

    O outeiro e rochedo lembroume, pero moito, o mirador de Santa Marta na freguesía de San Pedro de Soandres do Concello da Laracha, que non me parece un castro e si un outeiro cristianizado. Neste punto conflúen os termos das freguesías de San Xián de Coiro, Santa María de Soutullo e San Pedro de Soandres. As ruinas da capela levántase sobre un rochedo ao que van en romaría os veciños da contorna no mes de xullo cunha imaxe de pedra policromada que se conserva hoxe na parroquial de Soandres. Conserva lendas que relacionan unha fonte coas propiedades curativas da súa auga para os ouvidos ou que as vacas que beberan da súa auga darían mais leite.

    http://www.concellolaracha.com/ca/web/galeria.php?ide=121

  12. Elixio Vieites
    29 / Setembro/ 2011

    Pois para poñer máis sitios de un parecido similar, eu invítovos a que visitedes o Cruceiro da Capela en Muros. Eu fíxenlle unha ficha en patrimoniogalego.net, antes de este lío de Pena Furada. O que puiden poñer nas fotos non é nin por asomo o que se pode ver in situ, o outerio ten vistas espectaculares sobre o mar,está inzado de pedras con angulacións e cazoletas, e xa anteriomente houbera unha capela (supoño que para cristianizar). Abride a foto secundaria, e podedes ver mellor as gravuras da rocha comunicando cazoletas.
    http://patrimoniogalego.net/index.php/2011/09/cruceiro-da-capela-de-santa-cruz/

  13. Elixio Vieites
    29 / Setembro/ 2011

    Esta é unha foto antiga da capela e do outeiro da ” Capela da Santa Cruz” en Muros”, da que vos falo. (a sexta cara abaixo)
    http://www.muros.es/ga/capillas.htm

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará