Mañá comezamos en Pena Furada, e estamos “abertos por obras”

Pois mañá comézanse a intervención en Pena Furada, no concello de Coirós. Seremos uns cantos aló traballando, mañá esencialmente en fase de limpeza, de desbroce e afinar o que estamos vendo en superficie. O traballo será fascinante: estudar a funcionalidade deste outeiro con esa impresionante figura central. A intervención está “aberta por obras”. Pódenos visitar este sábado de 10-14 h. e de 15-18 h. e o domingo, de 10-14 h. Pasa cando queiras, que algún de nós explicarate en detalle o que hai e o que estamos facendo.

Iso si, chegar é un pouco labiríntico e hai que entrar un pequeno tramo de pista de monte. Aquí tes a localización exacta do sitio arqueolóxico. [localización]

2 Comments

  1. Pancho-Lapatianco
    30 / Setembro/ 2011

    Teño pensado pasar por alí este Domingo, se non se torcen as cousas. Aparte do mapa, ¿está ben se collemos a pista á dereita xusto antes da fábrica de clinker de Coirós? ¿Cómo coñecen ó sitio os paisanos de por alí?.

  2. 30 / Setembro/ 2011

    Si, por aí vas ben. Méteste por aí e colles máis abaixo, a primeira sen asfaltar á dereita. Sigues, verás unha pista sen asfaltar á esquerda pero non te metas por ela. Máis abaixo verás xa os coches da xente. Aparca e métete por esa pista da esquerda. Son tres minutos andando.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará