Pena Furada: plataformas ao carón da Moura

Grazas ao concello de Coirós, xa está despexada a área para a intervención na Pena Furada (parroquia de Santa Mariña de Figueiras). O que se pode ver despois de quitar a pechadísima capa vexetal que poboaba o outeiro é ben interesante. Confírmase a sospeita inicial: todo o pequeno outeiro está artificializado a base de plataformas e intervencións nas rochas. Pero o máis revelador e interesante é esta artificalización da banda oriental, xusto por baixo da moura. Cando menos dúas terrazas pequenas que baixan desde o Podio da Moura. A ver se vos soa esta estrutura de algo. :-)

O Proxecto de Pena Furada é unha iniciativa de voluntariado na que ti tamén podes colaborar. Destinaremos as dúas últimas fins de semana de setembro, todo o día do sábado e o domingo pola mañá, a tentar aclarar a funcionalidade do que rodea á Moura, e calquera das hipóteses (santuario, fortaleza tardorromana ou altomedieval) é fascinante. Podes apuntarte en napenafurada@gmail.com e consultar máis información no web oficial do proxecto.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará