Unha fervenza como esperanza

Hoxe, vendo a fermosa e maxestuosa caída da Fervenza do Ézaro, por fin ceibada e libre despois de décadas de vergoña, decateime dunha cousa. Durante moitos, moitos anos, aquelas voces individuais ou colectivas que protestaron pola salvaxada do entubado desta fervenza foron non só notas discordantes, senón tipos excéntricos, radicais ou pertencentes a algunha secta subversiva. Estou convencido de que moitos dos que hoxe estaban no Ézaro, percorrendo a pasarela para admirar unha excepcional fervenza que cae no mar (quen di que é a única de Europa é que non viaxou moito, en Escocia ou en Noruega hai unhas cantas, por exemplo), seguramente non moveron un só dedo nestes anos para que a fervenza ficase ceibada. Seguramente mesmo miraron mal no seu momento a aqueles que protestaron de xeito incansable para que esta barbaridade fora subsanada, e o río volvera caer con estrondo no mar.

Cando un ve esta fervenza, un non pode menos de abraiarse en como se lle permitiu a un empresario que monopolizara esta marabilla natural; en como o empresario careceu de corazón e sensibilidade en deixar libre a beleza; en como moita desta sociedade non loitou por que se devolvera á comarca esta fonte de riqueza natural e económica que sube varios puntos a escala de atractivo turístico desta banda da Costa da Morte.

Pero tamén sirve para saber como as loitas polo noso patrimonio teñen futuro. E que o que primeiro é unha protesta marxinal remata por ser asumido por toda a sociedade. Éche o que ten o sentido común.

12 Comments

  1. alvareseuz
    19 / Xuño/ 2011

    E que o non ceder no tempo e manterse ergueitos pese a tódolos ataques de todo tipo, fai que as augas volten o seu rego, nete caso e en tantos.
    E o final, o sudre dos repunantes e do esterco a eito das suas moreas de acólitos vóltase contra deles e deixaos emponzoñados e racancomidos, que é o seu xeito natural de viver.
    Saude e tocará en setembro voltar e ver desta vez de novo semellante fermosura.

  2. 19 / Xuño/ 2011

    Do que si poderíamos presumir é de ser o único sitio de Europa onde estragamos cunha hidroeléctrica unha fervenza que cae no mar. Non sabía que pechara o chiringuito ese, pero non hai que baixar a garda, axiña han de encher o Pindo de “virandelos”.
    Curiosidade: Eis varias fervenzas sobre o mar en Europa:

    Fiorde de Geiranger (Noruega)
    http://pt.wikipedia.org/wiki/Fiorde_de_Geiranger

    Fervenza de Kilt Rock, illa de Skye (Escocia)
    http://www.captivelandscapes.com/photo788049.html

    Cala de Banyalbufar (Mallorca)
    http://www.flickr.com/photos/renko/2618217844/

    Font de sa Costera (tamén Mallorca)
    http://marcosmolina.wordpress.com/2009/01/31/font-de-sa-costera-revisitada/

    Fajãzinha, illa de Flores, Azores (seica alí hai varias)
    http://img.photobucket.com/albums/v695/aleck1/flores08.jpg

  3. 19 / Xuño/ 2011

    Non, a central non pechou. Hai varios regatos aínda entubados e a presa de arriba tamén continúa activa. O único que fixeron é ceibar (parte ou todo) do caudal que caía.

  4. 19 / Xuño/ 2011

    E outra curiosidade: a espectacular ferveza de Kilt Rock que mencionas ten na parte superior, que non sae nas fotos, un discreto embalse para represar auga. :-) pero é ben fermosa igualmente.

  5. 20 / Xuño/ 2011

    Interesantísimas as fervenzas que desembocan no mar. E o dicimos uns dos que sempre fardamos coa boca grande de ser a única… Xa sabedes que aos galegos gústanos moito eso de “… O Máis de Europa”.

    Como detalle sobre o peche da central, simplemente apunto que non se pechou ningunha central. Electra del Jallas segue turbinando o 90% do curso do río Xallas, pois o que libera é o caudal ecolóxico que equivale ao 10%. E o libera tras unhas denuncias de AEMS Ríos con Vida por desecar o último treito do río entre o encoro de Santa Uxía e a fervenza.
    A través destas denuncias, a Xunta obrigou a devolver o caudal ecolóxico que a propia Xunta permitira suplantar polo caudal turístico de abrilo as fins de semana do verán un par de horiñas…

  6. 20 / Xuño/ 2011

    Ubaldo, non entendo moito do tema, pero iso quere dicir que a Fervenza do Xallas, é dicir, a caída libre de auga, en realidade só ten nestes momentos o 10% do caudal? Se é así, o 100% debe ser incrible.

  7. 20 / Xuño/ 2011

    Exactamente señor Gago. O caudal ecolóxico é de 2,23 metros cúbicos por segundo, e segundo a empresa Ferroatlántica equivale ao 10% do caudal real do río.

    A fervenza real, case nin a imaxinamos… Bueno, a verdade é que algunha palla mental xa temos feito por aquí, e ollando que a rocha de enfronte tamén está erosionada podemos facer cábalas de ata onde chegaría…

  8. david
    20 / Xuño/ 2011

    a maneira que eu uso é, cando hai enchentas de inverno co encoro ao 100%, chamar ao tf da central e os operarios que acostuman a dicirche cando vana abrir as comportas, é un encoro que enche con fortes chuvias moi rápido porque as nacentes dos regatos están moi perto, teño entendido, que perito non son nisto

    unha cousa que sempre me remoeu é que o inxenieiro do encoro foi Juan Benet, escritor ao que admiro http://bit.ly/izf3uJ

  9. artabris
    21 / Xuño/ 2011

    oe Magago… o photoshop está moi ben ho! pero de quen raios son esas perniñas que andan sen corpo admirando a fervenza? seica se adiantaron ó dono??? jejejee…

    Polo demais: si, hai que erguerse unha e outra vez contra a avaricia, estupidez, insensibilidade dos que por mellorarse unicamente a eles son capaces de calquera cousa…Indignante! pois agora Fenosa quere facer outro embalse máis no Miño que os que hai seica non abondan…

  10. 21 / Xuño/ 2011

    Xa me cachaches, Artabris! Iso das pernas está moi ben visto. :-) O problema é que había auténticas hordas humanas aló, e tiven que facer o que non está escrito para sacar o menor número posible de persoas (con persoas movéndose, o panorama non se monta ben, como se pode apreciar). Por certo que ese estilo non está inspirado en portadas de La Razón. ;-)

  11. artabris
    21 / Xuño/ 2011

    hahahaah…mmmmmm…non sei, non sei…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará