Terra sobre o castro de Sumoas

Non sei se lembrades que, o outro día, falabamos do espectacular castro-mosteiro de San Tirso de Portocelo. Este mosteiro, canda o de Celeiro e o de Sumoas, fora construído por Rodrigo, un diácono de Coímbra fuxido da invasión musulmana, e fundouse, cando menos, no século VIII. O importante destes espazos é que tanto os mosteiros de San Tirso como os de Sumoas estaban no interior de potentes recintos castrexos, posiblemente reforzados en época medieval, formando un conxunto singular de confluencia entre as fortificacións da Idade do Ferro e os recintos altomedievais, no mellor estilo irlandés ou inglés. Aquí estaba a ortofoto do 56 no que se pode apreciar o potente parapeto rodeando parte do recinto da igrexa de Sumoas, onde estaba o antigo mosteiro (a construción masiva á dereita):

Pois ben, o outro día Manolo Miranda pasou por alí e alucinou. Atopou un enorme montón de terra sobre o recinto castrexo-medieval e a súa área de protección de 200 metros e denunciouno a través de Mariña Patrimonio e ADEGA. Hoxe sabemos que o autor da animalada é o propio concello de Xove. En declaracións a El País, o alcalde aínda se pon farruco:

Salgueiro, además, considera que los movimientos de “tierra vegetal” realizados “no son una agresión ni resultan nada impactantes“, porque se arrojó esta capa justamente para regenerar y nivelar el terreno. Por último, asegura que la actuación no afecta al antiguo poblado “sin excavar”, sino a una finca colindante, “fuera de los muros de lo que se supone que es el castro”. Para ello, el Ayuntamiento tuvo en cuenta una documentación que delimita el yacimiento y, según la cual, el asentamiento ocuparía únicamente la parte más alta, el lugar donde siglos después se construyeron la iglesia, el palco de la música, un par de viviendas y una pista asfaltada que, comenta el regidor de Xove, nunca nadie denunció. Salgueiro, no obstante, admite que no pidió permiso a Patrimonio para estas obras. “Ahora consultaremos con la Xunta si efectivamente había que pedir permiso”, dice, “y para la actuación que vamos a llevar a cabo en adelante [la instalación de un área recreativa] sí que lo vamos a pedir”.

E iso é o terrible da cuestión. A este paisano aínda lle parece mal que lle interrompiran as obras do merendeiro, e ata o debe tomar como algo persoal. Imaxínomo facéndose o sagaz: “a ver por que non denunciaron as casas e a pista que fixeron hai anos, eh, eh?”.

Como podedes ver na foto, o desterre de “nivelación” que di o alcalde afecta directamente ao recinto arqueolóxico, e non ao seu exterior, como di o alcalde. As obras de destrucción ou rebaixe do parapeto levadas a cabo ao longo dos séculos non supoñen a eliminación do sustrato arqueolóxico. Esta burrada non está fóra do recinto, está no medio. Na resposta do alcalde pódese ver un resumo da actitude de moitos alcaldes ante o patrimonio dos seus concellos, o gravísimo problema de ignorancia que se fai prepotente e chulesca.

Aquí pódense ver máis fotos da desfeita.

5 Comments

  1. André
    1 / Xuño/ 2011

    Este elemento acaba de conseguir maioria absoluta. Uma boa multa pagada do seu peto era o que lhe fazia falta.

  2. umqualquer
    1 / Xuño/ 2011

    André não concordo. O que deveram é pagar entre os vizinhos, pois eles são os culpáveis de que este indivíduo tenha o poder que tem. é claro que o castro não é propriedade dos vizinhos, mas de todos nós, por isso eles deveram pagar pelas suas penas. Aqui muito tirar a pedra e agochar a mão. Na vida real, se defendes a um criminoso, tu também és criminoso.

  3. 2 / Xuño/ 2011

    Concordo com Umqualquer, a democracia fai responsáveis das atrocidades dos políticos a aqueles que tivérom a bem dar-lhes o seu voto. De todos os jeitos, tam-pouco hai que geralizar, pois temos também muitos exemplos (quiçá nom tantos como desejaríamos, é certo) de gentes do comum que, sem nengum incentivo institucional e de jeito totalmente pessoal e desinteressado, resgatam muitos elementos patrimoniais que, de ser polos poderes políticos, caeriam a cachos.

  4. Virgilio Liquito
    8 / Xuño/ 2011

    Qualquer que seja o culpado desta destruição,lamentável, devia der interpelado pelas Autoridades Locais inerentes à Arqueologia. Esta denuncia tem cabimento.Há que preservar o Legado, principalmente a origem dos povos que por tais terras passaram e tiveram o cuidado de nos deixar História.
    Abraço

  5. Ana Sanchez
    6 / Febreiro/ 2012

    Como se pudo comprobar posteriormente el castro nunca existio en dicho lugar y toda persona malintencionada y malpensada sobre la gestion llevada a cabo por el concello deberia pedir disculpas publicamente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará