Ribadeo de Tapeo 2011: algunhas tapas interesantes

Este sábado tiven a oportunidade de participar como xurado da edición 2011 de Ribadeo de Tapeo. Sempre é un pracer disfrutar do tapeo polas rúas desta fermosa vila do norte do país: este ano as que a min máis me gustaron son estas que vedes, e que todas elas formaron parte do palmarés. O restaurante do porto La Solana foi o gañador cunha delicada e simple tapa: De Castela a Galiza, rolo de leitón con verduras asadas e pataca afumada, cun punto perfecto de cocción do año. Simpática e efectiva é esta hamburguesa de chipiróns do Bar Queimada. A tapa que arrasaba entre o público era un gran traballo de branding por parte do ateigado Pizzbur era esta de dous paxaros dun tiro, que encanaba coa tradición de Ribadeo da cociña do pato. Desta volta, dous maigret, un salgado (con setas) e outro doce (con fresas), e un sorbete de limón intermedio servido nun cartucho de caza.

En resumo, un bo nivel nun certame especialmente concorrido e con moito público, como puidemos ver en todos os locais polos que pasamos, nunha vila que cada vez me gusta máis.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará