A estrutura dun tweet

Este gráfico resume a potencia de Twitter como ferramenta de comunicación: a estrutura interna de cada textiño de 140 caracteres máximo que emitimos. Aínda que as habilidades comunicativas, as avantaxes e desvantaxes de comunicar en 140 caracteres son a peza principal, estes metadatos invisibles son os que permiten xerar o ecosistema de aplicacións ao redor do que xira Twitter. Unha arquitectura complexa, ben trazada, que seguramente irá medrando nos vindeiros meses sen que os usuarios se decaten (e aí está a clave). O futuro das aplicacións está cada vez máis na relación entre os datos e estes metadatos. (vía)

One Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará