Last updated on 15 / Abril/ 2011
Fotos: Sole
Había anos que tiña gañas de pasar por esta cidade que hoxe, igual que no pasado, segue a ser un centro importante da cultura europea. Das universidades elitistas do pasado á cultura híbrida actual: no que a academia se mestura e beirea unha industria cultural sometida a unha nova dialéctica e existen novos ámbitos . Bologna é hoxe unha pequena cidade de fermosos soportais -a comparación con Compostela é inevitable- onde a igrexa desempeñou importante, pero non absolutamente hexemónico na súa Historia como na nosa. Aquí hai moitos trucos e chiscadelas por ver. Non podedes perdervos o Oratorio de Santa Cecilia, unha fermosísima capela con frescos de artistas locais como Lorenzo Costa e Francesco Francia, que proseguiron o seu traballo na inmediata Capela Bentivoglio, en San Giacomo Maggiore. En Bologna, na súa praza maior, hai que entrar na súa Biblioteca pública, un magnífico espazo dun centro público de lectura cunha envexable integración a atención aos lectores máis pequenos.
E aos que lle gusta a historia universitaria, teñen por suposto que entrar no edificio da Universidade, o Archiginnasio. O máis notable son todos os escudiños dos estudantes que alí quedaban consignados. Alí hai un misterio que eu non acertei a comprender. Cada estudante indicaba o reino do que procedía. Velaí moitos reinos italianos, os franceses, os cataláns e aragoneses, os portugueses, os diferentes territorios xermánicos…mesmo hai un rapaz que chegou de Lima, Perú, a primeiros do XVII! A cuestión é obvia: que fará o turista galego en tal lugar? Buscar a alguén do país. O caso é que non atopei, pero tampouco me apareceu ninguén de Castela, o cal é bastante máis raro e pode estar avisando de que se cadra non estou vendo ben. Sobre todo sabendo que xa no século XIII andiveron por Bologna máis de vinte estudantes galegos. Alguén ten a clave desta curiosidade?
Bologna é unha cidade fermosa. E moi viva. Unha das poucas cidades italianas, dicíame Santiago hoxe pola mañá, onde se pode estar toda a noite sen durmir ata coller o tren. As súas rúas pintadas, o seu espazo vivo, cheo de cultura, con eses pequenos Alephs que son as librarías aínda vivas, cunha presenza da literatura infantil e xuvenil que vai moito máis aló da feira internacional que se celebra todos os anos.
Paseo por Bologna co regusto dun espazo coñecido. O dos miles de estudantes que pasaron antes por aquí.
Quixen ser un Erasmus.
En Bolonia está desde el siglo XV
el Colegio de los Españoles de San Clemente; quizá ellos lo ponían allí, no sé.
todo certo e mais, de certo recunquei de novo. Non concordo moito coa comparanza con Santiago porque ali os soportais, ademais dun luxo sonche quilométricos. Por poñerlle unha tacha,desta vez fun nun día de seman e os fermosos soportales nalgunhas ruas fixeronse insoportables polo tremendo ruido da auténtica pasión italiana polos vehículos a motor de calqueira castee por calquer lugar. Consello : ide en domingo
Si, Ángel, ten toda a pinta, habería que mirar aí. Álvarez, que quere que lle diga, para min o moteo italiano é a chicha destas cidades. En todo caso, hainas ben tranquilas, como Mantua (da que falarei estes días) ou Ferrara. Tamén son unha delicia.
Ten razón con isas ciudades que di e tamen outras pero no caso de Bolonia as ruas son estreitas e eses fermosos soportais fan un eco as veces insoportable. Ou sera que vou para vello e aturo menos o ruido?. De todo haberá.
Quedo pendente dos seus artigos italianos dos que tanto gosto.