O que está detrás do mar de Ardora

O Grupo de Ecoloxía e Divulgación das Prantas da Universidade de Vigo está facendo un importante esforzo de divulgación a través do uso de pequenas curtas en 3D que aproveitan sinerxias e librarías para producir documentais que explican a realidade do contorno da Universidade de Vigo en clave divulgativa. Este vídeo é interesantísimo: fala das noctilucas, unhas algas que producen fosforescencia, moi habituais nas praias galegas e que creo que son as responsables dese fenómeno máxico das nosas costas que é a ardentía ou o mar de ardora, cando o mar se converte nunha cabalgada de crestas brillantes na noite. Segundo a hipótese que defende o documental, as noctilucas producen fosforescencia para converter aos seus depredadores en alarmas, é dicir, os fan visibles perante os seus propios depredadores para así librárense deles. Fascinante.

One Comment

  1. 2 / Marzo/ 2011

    Bañarse na ardora unha noite de verán é unha experiencia alucinante e inesquecíbel. Prométovolo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará