Unha granxa para o futuro, un documental sobre a alimentación e os sistemas enerxéticos

Este magnífico documental da BBC relata a volta á granxa familiar en Devon de Rebecca Hosking, unha realizadora audiovisual e a súa preocupación por comprender e asegurar o futuro da granxa como medio de vida e como espazo de produción alimentaria no contexto previsto de desaparición dos combustibles fósiles. É excelente.

Vino no recén estreado blog de Xosé Lois Sebio, un dos mellores enólogos de Galicia, que o tiña ben calado. Chámase Viños de Encostas (toda unha declaración de principios) e para xa se vai ao meu Google Reader.

2 Comments

  1. Anónimo
    15 / Febreiro/ 2011

    Moitos andamos a matinar nestes entornos posibles. Moi posibles. E unha volta ó rural. Nova ocupación de espacios e territorios que agora volven ser habitat dos porcos bravos. Seriamos neo-ruralitas durante un par de xeracións.

    Incluso pensamos se ti, pillabán, non andarás a buscar eses castelos valeiros como adiantado da reocupación de espacios de control do territorio. :).

    Saúdos.

  2. Pancho-lapatianco
    15 / Febreiro/ 2011

    O “anonimus” anterior é Pancho-lapatianco, que ando hoxe noutro ordenador.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará