Libros e bares en San Francisco

Last updated on 8 / Xaneiro/ 2011

Están de moda en San Francisco, seica. Bares dotados de infraestrutura libreira.

Amplas bibliotecas (reais) que se poden consultar e revisar mentres tomas as túas copas. Eu teño visto outras bibliotecas destas en sitios como Austin e no Levante mesmo hai discotecas caracterizadas como tales. Pero o que me chama máis a atención -e dalgún xeito preocúpame- desta tendencia é o ambiente claramente retro da decoración destes bares-bibliotecas. Se vos fixades, o libro nestes bares de San Francisco é parte de algo antigo, non contemporáneo. Aquí tedes máis información.

En fin. Seguimos movéndonos, neste territorio impreciso entre Castela, Levante e Andalucía. En breve, Capítulo Cero retomará a súa actividade normal.

4 Comments

  1. Nemigo
    8 / Xaneiro/ 2011

    pode ser a wifi gratis a alternativa moderna?
    un local con wifi aberta pode ofrecer iso mesmo: cultura e datos ao alcance dos clientes. Só hai que mercar uns pads e prestalos aos clientes. Isto queda como idea pra o primeiro que na galiza dea o paso

  2. 8 / Xaneiro/ 2011

    A min mesmo os libros parécenme unha boa idea moderna! Libros e grandes revistas en papel convivindo con tablets! O que quero dicir é que os deseñadores destes espazos xa asocian o libro papel a algo nostálxico, a algo que apela á memoria. Honestamente, creo que aínda lle queda moito por percorrer ao libro papel, pero hai quen o enterra xa subliminalmente. Iso é o que me sorprendeu disto.

  3. Fernando
    8 / Xaneiro/ 2011

    Que vai pasar logo co blogue?
    Sempre que sexa convivir máis cos libros a min non me parece mala idea que por aquí se vaian incorporando tamén ó resto da paisaxe. Nalgúns garitos de Vigo ata se botan de menos os periódicos ou algo que levar á vista. Iso si, o 90% están dotados de boas pantallas con contidos basura que non vexas.

  4. 8 / Xaneiro/ 2011

    Sen dúbida, Fernando. Boto de menos, cada vez máis, os cafés/pubs/bares que van abandonando os xornais, as revistas de calidade; os libros poucas veces chegaron, como bibliotecas, a estes espazos, pero tamén deberan. Ademáis, hai un factor. O bar segue a ser unha experiencia ‘física’ e o magnífico é que incentive outras experiencias ‘físicas’, como as revistas de calidade (non só de contidos, tamén de impresión, carafio), ou os libros.

    O que me dá rabia desta moda é unicamente o aspecto ‘clasicista’ que lle aplican aos libros. Gustaríame ver tamén outro café cun deseño rabiosamente contemporáneo, como moitos que hai en San Francisco, e cunha destas magníficas librarías/andeis de deseño tan innovadoras que vemos habitualmente. O que quero dicir é que me preocupa que o libro perda o espazo do contemporáneo para converterse nun icono ‘retro’, porque non o é.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará