Rockmelt, un navegador para aditos ás redes sociais

Rockmelt é un novo proxecto de navegador baseado en Google Chrome que engade, sobre as funcionalidades clásicas do navegador, toda unha serie de funcionalidades vinculadas ás redes sociais. Desde a posibilidade de actualizar directamente o status ata ter integradas ferramentas vinculadas ao teu perfil e stream de Facebook e Twitter, ou ver directamente outros usuarios conectados. A finalidade é, sen dúbida, evitar que teñas abertas máis páxinas e aplicacións, e integrar a experiencia de conversa coa de navegación. Non está mal para os máis aditos á conversación social.

Teño 3 convites para descargar e usar Rockmelt. Se estades interesados/as en probalo, podedes deixar un comentario co voso correo electrónico (é onde Rockmelt envía os convites).

6 Comments

  1. xotengo
    21 / Novembro/ 2010

    Ten boa pinta. Estaría encantado de probalo.
    Grazas por difundilo

  2. 21 / Novembro/ 2010

    Anótome ao testeo.

  3. 21 / Novembro/ 2010

    gasp! Acábome de dar conta dunha cousa. Só deixa convidar a amigos que teñas no Facebook. Así que o tema do correo electrónico non me vale. Ten que ser vía Facebook, facéndose amigo meu. Síntoo. Se vos quedes facer amigos, encantado estarei de pasarvos o convite. Se non, non pasa nada…

  4. Viriato
    22 / Novembro/ 2010

    Manuel… *ejem* Se algún dos candidatos xa en liza se retirara da competición por algún motivo… ¡Preséntome coma amigo teu no Caralibro dende fai tempo!

  5. 22 / Novembro/ 2010

    Xa o tes no FB! :-)

  6. Viriato
    22 / Novembro/ 2010

    ¡Collido! ¡Mil grazas!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará