De Lorean de Bois: un novo blog sobre o patrimonio de Galicia

O amigo Xosé Gago (que aínda que é de Carril non ten ningún vencello familiar con quen escribe isto) leva tempo publicando en Galicia Hoxe a serie De Lorean de Bois, na que inclúe textos sobre viaxes, cultura, arqueoloxía e patrimonio. Agora, empregará o soporte blog para que poidades consultar e recuperar os textos, que co tempo están a configurar unha interesante colección sobre o noso patrimonio. Aquí podes consultar o blog.

Moita sorte, rapaz!

One Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará