Agricultura futurista no Xapón

Santiago Pérez comentoume hoxe que marcha a un congreso sobre novas tendencias en agricultura ecolóxica. “¿Novas tendencias?”, pregunteille. O mundo da agricultura pode ter tanta innovación coma calquera outro. Remitiume este vídeo sobre un experimento xaponés de agricultura que deixa a un pampo.

9 Comments

  1. Xixo
    16 / Outubro/ 2010

    Os nipóns sempre por detrás dos galegos… um meu amigo leva anos practicando esta agricultura coas suas prantas de maconha XD

  2. alvarez
    16 / Outubro/ 2010

    ¿¿¿¿crecen nuha solución acuosa????

  3. 16 / Outubro/ 2010

    Eu non entendo nin papa de agricultura, pero o da solución acuosa non é tan raro. De feito, Santiago Pérez comentaba que moita agricultura industrial xa producía os vexetais directamente en solucións acuosas (todo máis controlado e eficiente). A min, para que o vou negar, tal cousa me dá iuiu.

  4. 17 / Outubro/ 2010

    Seica en Centroamérica teñen eso que se chama agricultura hidropónica moi desenrolada. Tes que poñer na auga aquelo que normalmente pos na terra. E non hai máis,en principio.

  5. 17 / Outubro/ 2010

    Non entendín moi ben… Ecolóxico cultivar ensaladas baixo lámpadas? Por moi de baixo consumo que sexan non consumen menos que o sol. O da solución acuosa dame medo. E o do aforro de espazo e os circuítos comerciais curtos pode ser razoabel no centro de Toquio, pero en Galicia sobran leiras (mentres non planten chalés en todas), e aínda así comemos tomates almerienses insípidos cultivados en solucións acuosas de carísima auga de mar desalada.
    Por outro lado, máis simple e razoabel que facer un congreso sobre novas tendencias en agricultura ecolóxica, sería facer un congreso sobre vellas tendencias. As de sempre. En terra e con estrume.
    E por último: en que leira medran esas reporteiras? ;-)

  6. 17 / Outubro/ 2010

    Ai, discrepo, que o campo da agricultura creo que pode ser un magnífico espazo para a innovación. Innovación non quere dicir química ou transxénicos, quere dicir variedades, hormonas ecolóxicas, terras, tecnoloxía…Eu vexo o campo galego como un magnífico espazo para a innovación porque, ademáis, temos a terra de sempre.

    En todo caso, puxen o vídeo porque é unha provocación. Pero non está mal que se creen estes conceptos. A este ritmo o planeta vaise enfrontar ao problema real da superpoboación. E non está mal traballar a imaxinación para un futuro que pode ser bastante distinto que o presente e no que as leiras galegas non van chegar nin para as pipas do mundo. :-)

    Coincido en que a cadea de televisión está empregando unha estratexia tipo “sara Carbonero” para vender programas de agricultura. :-)

  7. 17 / Outubro/ 2010

    Futurista e inovadora a produción hidropónica? Cultivos ecolóxicos en hidroponía?
    1.- Os cultivos hidropónicos levan en aproveitamento comercial, como mínimo, 20 anos en Europa, principalmente nos países con agriculturas más industrializadas, e moi nomeadamente nos países baixos, primeiro en cultivos de ornamentais, e dende hai un porrón de anos en cultivos hortícolas. No Estado, sen ter que tirar máis que de memoria, pódolle dicir que é hidropónica a meirande parte da produción de tomate baixo o selo Eusko Label, aínda que ista realidade é sistematicamente ocultada aos seus consumidores.
    2.- Falar de relación entre produción hidropónica e agricultura ecolóxica é un sarcasmo, a non ser que un se tome en serio a produción “ecolóxica” de substitución de insumos. Para entendérmonos, é como se considerásemos “ecolóxica” a produción intensiva de pitos broiler confinados en cubículos e luz artificial polo simple feito de seren alimentados con millo ecolóxico. A produción hidropónica é o paradigma de agricultura sen solo e de agricultura industrial, e cando alguén quere producir en horta, non digo en ecolóxico, senón simplemente baixo selos de calidade, asegúrase en primeiro lugar da prohibición desta práctica.
    A vostede non sei, pero a min preocúpanme moito estas visións acríticas das cousas que pasan.

  8. 17 / Outubro/ 2010

    Boas, se non lle importa, revise a súa bandexa de spam. Mandei un comentario, equivoqueime no meu sitio web e nos datos de envío, e moito me temo que o trasto interpretouno como un trash. Gracias.

  9. 17 / Outubro/ 2010

    Eu creo que non se di en ningún momento que é futurista o cultivo en solucións acuosas, como ademáis se engade nos comentarios (engadindo un clarificador “iuiu”) :-). Creo que a innovación é máis ben do conxunto desta estraña explotación, non ningunha das súas técnicas por separado. Creo que tampouco se di en ningún momento que é o modelo ideal. Agora ben, como indico nun comentario previo, paréceme ben que se invente e se proben novas cousas en agricultura e en calquera cousa. Os xaponeses inventan tentado solucionar o problema que máis lle preocupa: a xestión do espazo. Non é a única liña de investigación pero é perfectamente comprensible no seu contexto, que é moi distinto ao noso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará