Wine, then dine


Foto: Olivier Roux

“Viño, e logo cea”. Así se podería traducir a monte o cartesiano titular desta interesante crónica de Alistair Smith en The Guardian. Smith narra a súa experiencia nun novo restaurante parisino, Il Vino, creado por un coñecido sumiller internacional, o Enrico Bernardo. Neste establecemento a carta é certamente singular. Basicamente, na carta non hai nin un só prato de comida, senón unicamente viños. Ti escolles os viños e en cociña seleccionan os pratos que consideran que harmonizan con eles, despois dun chequeo rutinario de alerxias e fobias. É como se lle deras a volta ao restaurante e ás súas preferencias. Segundo Smith, a cociña non desmerecía a calquera restaurante de nivel alto; só que simplemente o enfoque é totalmente ao revés. “While the food was excellent – unfussy, modern cuisine with a predominantly French and Italian influence – it is the wines that I will remember most vividly from my meal“. Quedeime pensando. Cando me pasou a min iso nun xantar? No lugar no que coidan mellor o viño dos que coñezo: o Celler de Can Roca. É certo. Os pratos están ben, pero case podería recitar de memoria os 16 viños que probei. É todo cuestión de óptica?

Non me importaría coñecer a experiencia: unha demostración da liberdade que aínda pode ofrecer a gastronomía.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará