Os pilares da Terra: unha aplicación, un libro

7 Comments

  1. 21 / Xullo/ 2010

    Cando vin esta nova no Twitter dunha amiga fíxenme a mesma pregunta ca ela: En plena expansión dos libros dixitais, co Kindle o Ipad e outros ¿realmente ten sentido facer unha aplicación? Pero vendo o vídeo xa vai tendo algo máis de lóxica. A integración dos formatos, como ben dis, paréceme moi boa idea e, xa postos, unha forma de gañar unha (outra) chea de cartos :)

  2. 21 / Xullo/ 2010

    Parécenme unha fusión marabillosa.
    É o futuro; o futuro que máis precisaban os libros despois de saber contar as historias.
    Xa hai un mañá asegurado para os libros e xornais !!!

  3. Anónimo
    21 / Xullo/ 2010

    A verdade é que neste caso é tanto o contido que se pode incluir para facer un seguimento paralelo da historia, que as posibilidades son case infinitas. E si por enriba contas con unha serie que aporte contidos audiovisuais, non digo máis. Ben feito, paréceme un instrumento maravilloso (e rentable, claro).

  4. r.r.
    21 / Xullo/ 2010

    É o futuro. Outra cousa é que os que manexan o negocio cheguen a entendelo ou, de entendelo, dispoñan de recursos para levar a cabo cousas semellantes con produtos de por aquí. O que vai tardar… quen o sabe (pero sospeito que ben pouco).

  5. 22 / Xullo/ 2010

    Nós imos traballar algo nesta área nestes momentos, a ver como podemos desenvolver cousas interesantes nisto, que nos fan pensar noutras tecnoloxías diferentes das empregadas ata agora nas narrativas multimedia, pero non especialmente complexas. É unha área ilusionante de converxencia, aínda que creo que estas aplicacións para tablets deben ter unha correspondencia noutros dispositivos (é dicir, non creo unicamente na app, creo nun bo contido para varios tipos de dispositivos e soportes).

    A ver se hai sorte e este outono/inverno temos algunhas cousiñas chulas nesta área.

  6. r.r.
    24 / Xullo/ 2010

    ¿Aquí non hai un botón deses de “Gústame” para os comentarios, como no feisbu? ;-) Alégrame sabelo, Manuel. Creo que hai moita xente por aí que, tendo ideas para encarar proxectos deste tipo, bótase atrás por medo, precisamente, ás dificultades tecnolóxicas (eu son un deles).

    E, de momento, parece que o que podemos atopar por aquí (ou eu descoñezo que haxa algo, é ben probable) non é sequera semellante a isto:
    http://www.elpais.com/articulo/cultura/Rayuela/digital/elpepucul/20100723elpepucul_8/Tes

    Así que, que vaian ben eses traballos.

    ¡Saúdos!

  7. artabris
    2 / Agosto/ 2010

    Nada que engadir ao dito, iso si, Magago, espertaches a miña curiosidade… non nos das un adiantiño??
    canto a eses novos formatos disque hainos por aí, aínda que eu velos aínda non os vin. Pero agora mesmiño estou pensando en tódalas árbores que se van librar de ser convertidas en celulosa, e cando así sexa: a ver se quitan dunha vez por todas os dichosos “arcolitos” da nosas paisaxes! aínda que só sexa por iso, espero que pronto estean ao alcance de tod@s! e se por riba poden subliñarse, e deixar anotacións xa sería a bomba.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará