A Illa de Ons por Staffan Mörling

Este vídeo, que me amablemente David me posteou nos comentarios do último das Repúblicas de Homes Libres, permite comprender a experiencia do antropólogo Staffan Mörling no estudo etnográfico da Illa de Ons, onde foi a investigar nos anos 70 e rematou por casar. Contén unhas fermosas imaxes de Ons naquela época (un luxo) e a descrición precisa, emocionada e contida que fai Mörling da vida na illa. O vídeo está realizado por Diego Torres a partir das imaxes do irmán de Mörling e a entrevista que se lle fixo ao antropólogo.

É unha marabilla.

8 Comments

  1. 9 / Xullo/ 2010

    Yo me iba a vivir allí….

  2. Moncho Angueira
    9 / Xullo/ 2010

    Precioso.

    Xa o vira no seu momento a través da web da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial http://www.culturamaritima.org/

    Se non me equivoco, creo que o dorneiro é o propio sogro de Mörling. Impresionante a pericia e facilidade coa que manexa a dorna nese mar fóra da ría(unha embarcación que require moitos anos de mar para sabela levar así), e nada menos que vestido de domingo… como se tal cousa!

  3. 11 / Xullo/ 2010

    Unha marabilla,si.

  4. Moncho Angueira
    12 / Xullo/ 2010

    Corríxome e confirmo o dito: efectivamente é o sogro de Mörling. El mesmo o di. (Cousas de ver o video sen audio e da miña mala memoria…)

  5. PabloV
    20 / Xullo/ 2010

    pois si que gostei da “emoción contida” e do dexotismo de escoitar falar das Ons con este acento peculiar

  6. alvarez
    23 / Xullo/ 2010

    Logo de tantos verans acampando en Camaguey (lease Melide), emocioneime de ver as illas cultivadas e a xente vivindo nela.

    E como dixo Moncho Angueria antes, resaltando o “protagonista” desde fermoso documental, “nada menos que vestido de domingo… como se tal cousa”. Asi é a xente mariñeira, doutra caste moi diferente dos que somos de terra.

  7. Aurelio R.
    10 / Agosto/ 2010

    Era unha parte desa paisaxe que non se pode perder…
    Facia a un sentir unhas proporcións…sua pequenez, a pequenez dun, miña pequenez…

    Pura poesía. Grazas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará