Last updated on 28 / Xuño/ 2010
Comeza a Festa dos Fachos no castro de Castrolandín. Fotos: Sole
Se a BBC falara desta historia e deste lugar, o 23 de xuño pola noite, noite de San Xoán, aquí non cabería unha alma. Porque aquí, no castro de Castrolandín, no concello pontevedrés de Cuntis, realízase un dos máis fermosos rituais colectivos conservados en Galicia.
Conservado na memoria ancestral. Cando a maleza cubriu os antigos castros, perdeuse unha tradición que se debe remontar a datas moi remotas. Os labregos, na noite de San Xoán, subían aos castros, aos antigos castros abandonados, que tiñan nas comunidades campesiñas galegas novos usos simbólicos. Avós, pais e netos aprendían a prender os fachos e, cando a gran fogueira caía, prendían cos fachos ponliñas de piñeiro todo ao redor, e polo alto, da muralla do castro. A coroa víase na distancia como un anel de luz na noite do verán. Unha chamada á fortuna, ao coidado dos campos. O ritual facíase en moitas zonas de Galicia. Cando Castrolandín se comezou a recuperar, a áxil Fundación Terra Termarum recuperou a festa que contaban os seus avós. E con ela un dos espectáculos máis prodixiosos e emotivos da nosa cultura.
Pasamos esta noite de San Xoán en Castrolandín. Ao facelo, atravesamos pola noite parroquias e comarcas: o país enteiro está cheo de pesadas columnas de fume que marcan a topografía das familias e comunidades que se xuntan a compartir pan millo. O país arrecende a graxa de sardiña e a piña de piñeiro.
Cando todo comeza a acontecer aquí, na croa do castro, de súpeto síntome estrano. Fágome unha foto a min mesmo para mirarme, e non me recoñezo no aceno e nos ollos pequenos que teño. Ata que me decato do que pasa. Estou chorando. Chorando de emoción. Pero o lume sécame as bágoas nada máis saíren, que non chegan a escorregar pola pel. Choro sen chorar. Nunca tal me pasou. Supoño que é a sorpresa de sentir algo moi remoto que emerxe, que se remexe, que toda a vida estivera aí sen velo… Aquí está o vídeo que gravei resumindo todo o evento. Son tres minutos e medio. Recoméndovos de todo corazón que o vexades para entendelo un chisco máis.
A primeira sorpresa é o respecto escrupuloso da comunidade de veciños polo seu castro. A xente senta entre as casas, nos prados; nada cae ao chan, nada mancha nada. Cando prende a fogueira, duascentas ou trescentas persoas sentan no chan, mirando para o lume, na croa do castro, subidos ás murallas. Case non falan. Déixana queimar. E cando prenden nela os fachos, fanno con coidado, con atención. Collen aos nenos e lles ensinan a prender. Os nenos non o esquecerán na vida. Fanno en silencio. Unha música tenue percorre o castro.
Agás a CRTVG, que trae a Farruco a facer unha queimada vestido de algo, aquí non hai nada celtopop, nin hiperenxebrista, nin medievalista. Se mirades o vídeo, veredes a xente vestida como se fora dar o paseo dominical. Pero están aquí, prendendo fachos, disciplinados, nunha coreografía cultural, sen ensaio previo. Sole realizou unha magnífica reportaxe fotográfica que aquí podedes ver:
Farruco fai un esconxuro da queimada para a CRTVG. Será a única nota “celtopop” da noite
Os bolos preñados quentándose. Estaban impresionantes.
Os participantes pousan os fachos no lume para prendelos
Ao achegarse tapan a cara para protexérense da calor
Uns e máis outros achegan os fachos para prendelos
Na escuridade, a muralla do castro e a luz e o lume no seu interior. Pensamos no mundo pasado, cando tralas murallas estaba o refuixo, e a noite era patrimonio das bestas.
Fermosa historia e tradición. Encántame as fotos de Sole. Sau2!
Qué envexa!
… e fantásticas fotos da lúa.
Aperta!
Manuel;
como sabes estes últimos meses fixen varias visitas a Castrolandín, pero … Cagho ná!!!. Ó final non puiden ir este ano ó San Xocomo tiña pensado. Houberamos de encontrarnos. Pero non puido ser.
Non puiden facer cadrar as miñas vacacións con este día, que se non alí che estaba.
Terá que ser para ano próximo e volver encontrarnos cos veciños e a xente da Fundación.
Os poucos días que tiven tampouco me deron para o outro do que falamos.
Saúdos.
Por suposto, onde pon. “San Xacomo” debería por: “San Xoan. Como …”
Cousas do teclado e o non fixarse.
fermoso…
Vaia fotos, impresionante!
Esperad un momento que estoy intentando cerrar la boca…… …………………………………………………………………………………………………………………………………………….. aún sigo………………………………………………………………………………………………………………………………………………… Sin palabras.
Suscribo el comentario del pingue…Entre tus palabras y las imágenes de Sole, se queda uno sin las propias
Enhorabuena a los dos!!
Gracias a todos! Echadle un vistazo al vídeo, que vale mucho la pena.
Que sí!!! Votámoslle un ollo,eu os catro a todo, incluido o video. Todo vale moito a pena, excepto o farruco claro esta. Bueno, a miña aboa gústalle (o farruco, digo).
Home si. Que onte non puxen nada das fotos polas presas.
Pero tamén estou pampo. ¿E dis que a Sole a queren contratar para o “National Geographic” como nova reporteira de natureza e antropoloxía?. ¡Bahh!. Eses non che teñen nivel. ¡Para fotos caralludas as que saca no Capitulo 0 e La Caja de los hilos!!.
Polo de agora xa lle mandei o enlace a alguhna familia de fora, para que se curen un pouco da morriña.
Femosas fotos.
Saúdos.
Por certo, tedes máis información sobre esta tradición aquí:
http://digital.csic.es/bitstream/10261/6164/1/TAPA29.pdf
quen dera ter estado alí, si que semella unha noite meiga!
eu paseina na casiña currando…, ao solpor crin que había un incendio, nin me lembrei que era a noite do solsticio! pero eran tantos os focos dese “incendio” que mirando por tódalas fiestras, caín en conta…á noite o val de Loureda iluminouse con cacharelas que competían en magnitude, tal e como debeu pasar hai séculos, e mesmo milenios… Pero hoxe só podo lembrarme que o Patrimonio (en senso amplo) só semella ser percibido por uns poucos… ao tempo que os depredadores do “progreso” pretenden pasar por riba de calquera consideración e arramblar con todo! madia os leve! e como dicimos por aquí “meiga laracha árdelle o cú e quéimalle a cacha” así reventen (e perdón polos malos sentementos que acabo de verter)
Nun sei se ye vei interesar a daquén, pero na “Revue Celtique” n. IV, publicada nel 1880, sal un artículo de un tal David Fitzgerald nel que conta a versión irlandesa dos fachos. Fíanla en Munster, nel alto de Knockaine, “El Alto de Aine”, y creían que a deusa mesma o presidía. Polo demás, érache muito coma a festa gallega: fíase nel solsticio de verán, subía toda a xente de alrededor, prendían os “fachos” ya recorrían os campos col llume, pa traer prosperida na colleita.
Contaban que houbo un ano que nun poideron sair cos fachos e daquella, salíu Aine mesma en procesión, cua fileira detrás coma da Santa Compaña.
Al que ye interese, pode lleeyo eiquí:
http://archive.org/details/revueceltiqu04pari
Outra cousa, os fachos chegaban antiguamente hasta Ibias, nel Occidente de Asturias.
Que interesante, Cristobo! Moitas grazas pola referencia!
Préstame que che preste.
É increíble el que conta este Fitzgerald. Ven dicir que a fines del XIX a xente da comarca seique rezaban a esta Áine. Nóutase ben que n`Irlanda, a Iglesia nun tía el respaldo del estado.