O pementón sobra (e o sal tamén)

Se se entera disto algún hosteleiro un tanto vivo, mesmo podería triunfar a base de aforrarse potas de cobre, pementón e sal. A moda de comer o polbo vivo chegou agora a Nova York. Este vídeo conta como te comes polbiños crús, enroscados nun pau coma piruletas, o cal seica está ofrecéndose agora en certos locais de comida asiática en Nova York importado de Asia, onde é relativamente común. Dá bastante, bastante repelús.

Grazas, Moisés!

7 Comments

  1. 19 / Abril/ 2010

    Parece unha crueldade innecesaria, semellante a comer ostras ou ameixas vivas, partir ao medio lumbrigantes sen o seu permiso ou poñer a cocer o marisco vivo en auga fría, de maneira que tarda bastante en morrer.

    Sobre o de partir o lubrigante escoitei unha vez algo curioso da boca dunha gran cociñeira: “non sufren porque son animais de sangue frío”, dixo e quedou tan pancha.

    No caso destes polbiños non sei se a experiencia terá algún interese gastronómico ou so serve para demostrar que estamos ante un valente, que sabe deus se mantería a mesma compostura metido na auga con un de catro quilos.

  2. 19 / Abril/ 2010

    Pois si; repelús da un pouquiño.

  3. Antón de O Corsario
    19 / Abril/ 2010

    calquer bo xantador de ese animal tan listo coma nos (alomenos) sabe que o xeito máis gorentoso de come-lo polbo é cocido; nen sal,aceite ou pementón, sen deixar repousar e recén triscado…
    un saúdo!

  4. 19 / Abril/ 2010

    Como din no vídeo, xantar o polbo cru seica é unha práctica cultural relativamente habitual en Corea, onde se asocia o feito de comer bichos vivos con obter a súa vigorosidade. A min paréceme unha animalada inútil.

    A todo isto, eu creo que o momento máis chungo do vídeo non é cando se ve á xente comer os polbiños, senón cando un vendedor conta como unha vez case morre afogado porque cando o tragou, un brazo do polbo quedoulle enredado nun dente e o resto gorxa abaixo…

    Cando era neno, tiña pesadelos coas ratas de V. Non sabía eu o real que era a cousa.

  5. Antón de O Corsario
    19 / Abril/ 2010

    por certo, falando de crueldades; dunha vez metimos unha langosta de máis 4 kilos na pota a ferver e botou un laio que talmente semellaba un bacurinho…
    ou un bo capacho de camaróns da ría de 37 en kilo botado arrefriar con sal gordo… tamén ten algo de xenocida…;) oouh lembrar isto é pecado…

  6. MJ Méijome
    19 / Abril/ 2010

    Vaime mal, vaime mal, vaime mal. Penso como ben dicides nun deses de varios quilos enganchado nun “bichero” e imaxinoo rebulindo dentro de min. Uffffff, e hoxe foi feira en Lalín e levo dentro media Ria de Noia en pulpos!!!!!!

  7. Lorena
    22 / Abril/ 2010

    Animaladas aparte, só pensar en ter un polbiño retorcéndose no meu estómago, Uffffff, vaia dixestión mais pesada! No way!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará