Mar por Dentro: Perdidos na Area (I)

Last updated on 22 / Abril/ 2010

Fíxose de rogar (fíxenme de rogar) pero xa temos aquí Mar por Dentro IV, a nosa serie -que só poderás ver en Internet- na que investigamos e filmamos a vida dos peixes e mariscos máis apreciados pola gastronomía galega, ofrecendo unha perspectiva inédita para comprender os alimentos que nos apaixonan. Como sabedes, a xente de Axena pon a filmación e Capítulo Cero poño a edición. O resultado é un documental por entregas, producido para Internet, que nos ensina a comprender a vida das especies que son tesouros da nosa gastronomía mariña.

Nesta nova entrega, creo que vos ides sorprender. E moito! Mergullámonos na noite para buscar un tipo de especie moi querida polos padais galegos e non galegos: os peixes de area: peixes saborosos que levan unha vida abraiante baixo o mar. Nesta primeira entrega, aprenderás e coñecerás máis de rodaballos, sollas e linguados. E antes tamén verás espectaculares imaxes duns crustáceos que posiblemente non teñas visto nunca, porque chegan, por millóns, das profundidades só polas noites. Todo iso en Perdidos na Area (I), a cuarta entrega de Mar por dentro que xa podes ver neste post. E aquí podes ver as anteriores.

8 Comments

  1. A. Lamas
    19 / Abril/ 2010

    Unha delicia.

    Noraboa polo resultado!

  2. rosiña
    21 / Abril/ 2010

    É xenial! E qué pillo o linguado!

    Parabéns!

  3. javi olleros
    22 / Abril/ 2010

    Boisimo documento. Misidaceos..?
    parécese ó camaron?

    Gracias

  4. Peri
    22 / Abril/ 2010

    Marabilloso documental made in galiza

    Bravo

  5. 23 / Abril/ 2010

    Moitas grazas, Peri!

  6. Gonzalo
    3 / Maio/ 2010

    A tranquilidade do rodaballo, da solla.. e doutros peixes asoballados pola vosa cámara que vergoña… como importunades….
    Realmente moi bo !marabilloso! o malo é que cando vexo a migración do ñu no Serengueti so teño sono e cando vexo isto dame fame ¿ sera malo? ¿ terei que consultalo?…BO TRABALLO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará