Un novo concepto para Capítulo Cero

Last updated on 10 / Abril/ 2010

Levaba tempo cismando en que debía cambiar Capítulo Cero. Sabía que precisaba cambiar, e sabía os obxectivos: ofrecer mellores métodos para visibilizar e recuperar a información aos usuarios, especialmente a aqueles usuarios que non poden pasar todos os días para o blog.

Pero hai máis. A idea de fondo é materializar algo que levo dito moitas veces: os blogs van camiño de ser micromedios, espazos que teñen necesidades máis complexas para representar a información e que prestan atención a outros modelos e formatos. O que ves aquí é un experimento para ver que tal se traslada a mentalidade blog a este novo concepto gráfico. Estarei probando con el algúns meses, e se non me convence, retornarei a fórmulas de deseño anteriores. Ou evolucionarei cara conceptos máis arrevistados.

O que vedes é un camiño aberto, totalmente receptivo ás vosas suxestións e comentarios, e tamén á miña crítica. Creo que hai que probar e experimentar, e só aí está a cerna da innovación. Nos vindeiros días, estarás vendo bastantes cambios por aquí. Hai moito que facer no theme Arthemisa para adaptalo a Capítulo Cero. Agardo a túa comprensión!

12 Comments

  1. 9 / Abril/ 2010

    Haberá que afacerse ao novo molde, pero nun primeiro momento gusto bastante del.
    Quizais o que cambiaría sería a barra lateral dereita nos artigos soltos, pois é demasiado alta.
    Tamén eliminaría as categorías do pé de páxina (ocupan moito e moitas delas non contribúen á navegación).

  2. david
    9 / Abril/ 2010

    gústame a pax de inicio que é fundamental, visualizas ben, é variada sen cansar, a tipografía é clara e lexible, a cor non agrede, acolle ben ao lector; unha vez que entras, paréceme que é un pouco reiterativo e que o novo troquel sobre os mesmos contidos produce algún desaxuste, duplicación… (que no anterior tamén había pero non tiñan a mesma visibilidade e funcionaban, aquí a veces síntese embarullado); a ordenación dos contidos é algo moi particular, eu escollería unha orde diferente, pero iso depende dos meus intereses ou dos de cada un claro: a min por exemplo, como lector novo, interésame un acceso rápido á identidade e as redes e servicios, presenza en twiter etc; algo que me gustaba do outro era que se visualizaban moi ben os últimos comentarios e iso cantaba dun vistazo cales eran os post vivos (pero isto claro funciona máis cun lector habitual); polo demais, a min interésame a solvencia, o interés, a intencionalidade e a funcionalidade dos contidos, e iso é impecable; este é un blog sempre constructivo, lonxe de solemnidades e poses trascendentalistas, crítico desde unha acción positiva e real (testimonio desa acción), cheo de entusiasmo, afastado da acedume do resentimento e escrito un paso máis alá do estándar da corrección e un paso máis aquí da impostación do estilo; é dicir, exemplar

    (o chiste é que hoxe pola mañá estiven comentando en clase o teu blog no anterior formato, a ver que lle digo eu dentro dunhas horas, se tivese unha conexión con garantías liábate para un videochat e contábasllelo ti, pero non é o caso, xa probei con dous internautas: un arquitecto e deseñador gráfico e un deseñador de pax web, e quedei fatal, cortes na comunicación, boh) despois queren meternos un ordenador por alumno: para que? con que conectividade? con que metodoloxía? con que formación?, etc

    unha aperta M. non te canso máis

  3. A. Lamas
    9 / Abril/ 2010

    Menudo cambio :) Noraboa polo traballo.

    Agora tócanos ós lectores acostumarnos a este novo e vistoso formato!

  4. 9 / Abril/ 2010

    Moitas grazas! Aínda falta bastante por traballar. Como di David, hai que subir as partes sociais e facelas máis visibles, conectar todas as prestacións…espero deixalo máis ou menos despachado esta fin de semana.

  5. 9 / Abril/ 2010

    Mudar para que todo siga igual, dise. Non é o caso. Mola este novo formato.

  6. 9 / Abril/ 2010

    Cos últimos cambios a cousa quedou moito mellor. En vez dun blog persoal parece que tes toda unha revista multimedia. Só che falta lanzar unha versión do blog para iPad ;O)

  7. 10 / Abril/ 2010

    Parabéns!, moita saúde e que cante o merlo,
    Jose

  8. arume dos piñeiros
    10 / Abril/ 2010

    Eu quero un coma este. Onde é que se consigue? ;))

    Creo que era o que pedía o corpo do Capítulo 0: aquel traxe quedáballe pequeno á envergadura deste espléndido blog, como dixen moitas veces, o mellor que se fai en Galiza.
    E dos que eu visito, sen dúbida, o mellor.

    E agora aínda mellorado.
    Noraboa.

  9. arume dos piñeiros
    10 / Abril/ 2010

    Pero hai que compralo?

  10. 10 / Abril/ 2010

    Arume, a versión que ten Gago é de pagamento, pero hai unha de balde chamada Arthemis Free que tamén está bastante ben.

  11. 10 / Abril/ 2010

    Si, si, estou empregando o Arthemia Premium, que me permite unha cousa bastante interesante tendo en conta a cantidade de contidos que xa hai no blog: a miniaturización automática do material gráfico. O tempo é ouro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará