En marcha cara Redes

Pasaremos estes días de ferias no Parque Natural de Redes, en Asturias, facendo sendeirismo, fotografías, descansando… e mesmo algo de arqueoloxía de altura (xa veredes). Se a previsión metereolóxica se confirma, con todo, o xoves baixaremos ata a zona de Cangas de Onís, así que vos quero pedir axuda. ¿Estivéchedes neste parque natural?¿Que roteiros me recomendades? Cousas interesantes noutros ámbitos? ¿Gastronomía e restaurantes na zona de Redes ou na de Cangas de Onís e por alí?

6 Comments

  1. REFLEXF4
    29 / Marzo/ 2010

    Estuven xa fai unha che de anos, do que no me olvido e dunhas fabes con
    xabarin, Magoa que non recordo o nome do sitio, en Cangas de Onis.
    Que teñades bo viaxe, e sendeirismo por ahi non vos vai faltar.

  2. 29 / Marzo/ 2010

    O campamento de La Carisa?

  3. 29 / Marzo/ 2010

    aí estiveches rápido. :-)

  4. r.r.
    30 / Marzo/ 2010

    Seguro que xa o coñece, pero compre un queixo de Amieva. Se non lle gusta, recómprollo eu. En todo caso, páseo ben.

  5. 30 / Marzo/ 2010

    Grazas, r.r. Canda os bastóns e os pasamontañas tamén levamos unha neveira para traela chea de todas esas delicias. Se quere un, non ten máis que pedirmo, que despois xa arreglamos.

  6. r.r.
    30 / Marzo/ 2010

    Con que logo nos conte, doume por satisfeito. ¡Ai, que ganiñas de volver por alí!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará