Last updated on 27 / Agosto/ 2013
A exposición Ao pé do lar xa rematou en Santiago de Compostela, e en breve emprenderá novas viaxes e novas terras. Máis de 10.000 persoas pasaron polo Museo do Pobo Galego para conectar con esta idea e este concepto: unha cifra insospeitada que revela o profundo interese que hai en Galicia pola gastronomía e as nosas raiceiras alimentarias. O equipo non temos máis que dicirvos grazas, grazas, grazas por visitala, comentarnos as vosas impresións e deixarnos agarimosas mensaxes nos libros de visitas. Consonte á filosofía de difusión de Ao pé do lar, agora poñemos á libre distribución gratuíta o formato dixital do catálogo da expo, que está practicamente esgotado en papel. Podes descargalo aquí (en pdf, 4 meguiñas).
Felicitacións a todo o equipo. 10000 éche unha cifra moi alta.
¿E non virá por Coruña?, que algúns, por moito que lles insistín, quedaron sen ir pero con ganas de vela.
Xa irás contando.
Noraboa polo éxito.Repito a pregunta do comentario anterior…e non virá por Lugo? .Se cadra á Deputación lle interesa.Saúdos
Moitas grazas! O calendario de itinerancias estase a pechar e agardo que pronto se poidan coñecer datas oficiais!
Dis que andas moi liado estes días.
Supoño que a inauguración nos próximos días de “O pé do lar” en Pontevedra terá algo que ver, ¿non si?.
Noraboa outra vez a todo o equipo. E xa diredes se vai vir por Coruña.
Máis saúdos.
a web da expo xa desapareceu pero o catálogo aínda está aquí:
http://certo.posterous.com/cultura-se-non-tivestes-ocasion-de-ver-ao-pe