iPad: unha revolución conservadora?


Steve Jobs presenta o iPad

A finais de abril teremos no mercado español o novo dispositivo de Apple: o iPad. O novo gadget está a xenerar unha enorme profusión de tinta electrónica e novas expectativas. Entre moitos directivos de medios tradicionais, o tablet convertiuse na gran esperanza dixital. ¿Poden salvar os xornais como idea, especialmente os xornais como papel? Hai unha certa efervescencia neste sentido. Por exemplo, este seminario:


(aquí se pode consultar o programa)

Juan Varela tense refirido con certeza a esta esperanza como a “revolución conservadora”. Non tanto nos contidos, coma nos formatos. ¿Vai ser o iPad un formato innovador, vai tirar proveito das posibilidades do medio dixital? Se observamos os diferentes prototipos de medios que presentan as súas versións para tablet pc (abaixo teño unha selección bastante amplia do que se fixo público no mundo nestes dous meses), podemos apreciar elaborados traballos que se definen por un factor ben claro: a incorporación de multimedia ao tradicional deseño ou maquetación da revista. Os editores están a explotar a visualización desde o punto de vista da imprenta: fascinados por incorporar animación a un modelo de composición impreso. ¿Abondará iso para salvar os medios? En boa medida, boa parte das versións en liña destas publicacións xa adoitan ser máis innovadoras e con máis posibilidades de o que van ser as súas versións en iPad. De feito, se un se fixa por exemplo, no prototipo de Wired, decatarse dun detalle: é un concepto desenvolvido para os anunciantes, non para os consumidores. Xiros 360º, vídeo, etc., son formatos orientados a animar ás empresas a investir de novo en medios.

¿Fará a transición o consumidor máis arriscado a consumir prensa e revistas en tablet? A miña percepción é que a revolución e a fascinación das publicacións xa non está só na converxencia do multimedia, senón nas capacidades de computación, de interacción de código, de procesado de datos e de converxencia cos fluxos sociais. Medios construídos ao redor do usuario. Creo que estes prototipos son o que os editores lles gustaría que pasara: poder seguir facendo o mesmo de sempre, pero con máis posibilidades técnicas. A realidade está a ir por outro lado.

De seguido, deixo algunhas ligazóns de prototipos de medios no iPad para que cadaquén tire as súas conclusións.

Adobe e Wired Magazine

Viv Mag (reportaxe)

Viv Mag (portada)

De Telegraaf

Mag+

Sports Illustrated

Outside magazine

3 Comments

  1. 21 / Marzo/ 2010

    Quizá deberían de plantearse una unión Ipad-periódico. En este último viaje mi afitrión viajaba con el Kindle a todas partes, leía los periódicos a los que estaba suscrito y, debido a su trabajo, afirmaba que era el futuro. Él veía un problema al Ipad y era la pantalla. Un Kindle se lee bien, no cansa a la vista pero, personalmente, me parece limitado. Creo que abre un mundo muy divertido aunque sí hay algo que no me gusta: las innovaciones con cuentagotas. El Kindle empezó siendo pequeño y gracias a una labor comercial se quitaron de en medio este formato antes de introducir el tamaño grande.
    ¿Por qué no se animan los periódicos a ofrecer suscripción a, por ejemplo, el País, el Mundo, e Ipad gratis?
    En cuanto nos acostumbremos a leer en “cacharro-gadget” no intentaremos leer en otro formato.
    Esta es mi opinión, inexperto y analfabeeto “gadgetiano”, como bien sabes Manuel.
    Saludos.

  2. 22 / Marzo/ 2010

    Pingue, efectivamente el tema de la pantalla parece ser la diferencia. En casa tenemos un ebook Papyre y, efectivamente, la lectura es muy cómoda pero el sistema operativo, limitadísimo, es de los 80. Tengo ganas de hacer una prueba de lectura en el iPad, y ver qué pasa cuando estamos media hora o cuarenta y cinco minutos leyendo en esa superficie luminosa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará