Tanajara Vijariego Negro 2006: unha rareza deliciosa para os padais máis abertos


Foto do amigo Paco Penas, que tamén gabou as excelencias do Tanajara.

Cando os norteamericanos tentan diminuir a influencia do terroir no viño, concedéndolle toda a importancia aos varietais (varrendo, obviamente para casa), deberan probar esta auténtica marabilla: o Tanajara Vijariego Negro 2006, producido na canaria illa de El Hierro. Canarias é un paraíso de variedades vinícolas autóctonas. Este Tanajara é a pura expresión dun viño medrado en condicións difíciles. Sae na nariz o xofre e sulfuro, na boca a terra volcánica, un intenso sabor a metais fusionados coa terra e a lava, a capa lixeira do viño fala de que é unha variedade autóctona que te acompañaba na boca con aromas e sabores difíciles de comprender. Daban gañas de coller un avión a Canarias para conseguir comprender este viño. Unha auténtica pasada: un viño redondo, delicioso e tecnicamente moi ben feito, pero tan persoal que só disfrutarán del os padais con máis gañas de abrirse. Anda sobre os 25 euros na Viña de Xabi, pero se es un amante dos viños e queres descubrir un novo mundo, váleos ben validos.

One Comment

  1. Arraverde
    9 / Marzo/ 2010

    Ola Manolo! unha semana sen internet é o que ten… Non descubrira que falaras deste viño.
    Este Nadal estiven en El Hierro e probamos o viño. É tan forte e con tanta personalidade como a illa, e non o dubides se tes oportunidade colle ese avión que dis para ver onde se fragua. As cores, os sabores e as sensacións son de verdade. Terras volcánicas de todas as cores posibles, auga roubada ás nubes, todas as luces posibles nunha paisaxe para Sole, atardeceres que ata que non os descobres alí parécenche mentira, sabores salvaxes de animais e prantas que alí viven… Todo tan extremo coma o viño
    Se te animas, non deixes de falar comigo
    Bicos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará