Dúas pantasmas en peregrinaxe

Hai algo raro na longametraxe promocional Finisterrae que hoxe á mañá presentaron como contido complementario da edición coruñesa do festival Sónar. Son dúas pantasmas (supoño que inspiradas no tópico Santa Compaña) que peregrinan ata Fisterra. Aínda que a cousa é bastante rara e o das pantasmas algo desconcertante, o fotógrafo deste vídeo é un tipo cunha sensibilidade especial para tratar as paisaxes do país con certos toques fantásticos ou épicos. A ver que vos parece.

3 Comments

  1. 25 / Febreiro/ 2010

    O vídeo vai moi na liña provocativa que de sempre caracterizou os álbumes e a imaxe en xeral do Sónar. Como cando saíu unha familia enteira cos pantalóns mexados, ou cando aparecían personaxes cos ollos recortados.

    Polo demais, o tema que soa non podería ser máis apropiado. Trátase do “Ghost Rider”, do dúo norteamericano Suicide, e aínda que non o pareza, data do 1978.

  2. 26 / Febreiro/ 2010

    Alucino coa data do tema!

  3. reflexf4
    26 / Febreiro/ 2010

    Provocador e moi evocador, certamente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará