Last updated on 25 / Febreiro/ 2010
Estes días é que non paramos. No medio do temporal metereolóxico onte no restaurante Pepe Vieira celebrouse a entrega dos premios Magnum do viño galego 2010 convocados pola Asociación Galega de Enoturismo e a Asociación Galega de Sumilleres e organizados por María Fechoría. Son premios de nova creación que buscan darlle corpo institucional e profesional a un sector coma o do viño, bastante descoidado en Galicia (¿sabedes que non hai ningún curso oficial de sumillería en Galicia, se queres aprender o oficio tes que ir fóra?). Os premios foron en catro categorías. Na de Mellor divulgación do viño o premio foi para o xornalista Guillermo Campos, director da revista Hostelería Galega & Turismo. O de mellor viño de Galicia foi para o Algueira Merenzao 07, que acaba de saír ao mercado é que está sendo unha auténtica sorpresa: un viño sutil e elegante, con baixa tanicidade pero un trago longo e complexo. O merenzao é a pinot noir galega. O de mellor adega foi Quinta da Muradella, un proxecto que está a crear un novo espazo de prestixio para os viños de Monterrei. Á súa vez, a Casa Solla levou o premio a mellor servizo do viño en sala -un asunto que o propio chef, Pepe Solla, leva persoalmente. O premio á traxectoria profesional foi para Alfredo Álvarez, propietario de Casa Alfredo.
Algún día, ti e mais eu, temos que falar de viños galegos, mais en privado, pois dalgún xeito son parte interesada no tema.
Coido que, o mellor, en vez de falar, debería ser catar e falar.
Gracias pola información.
upss… Alfredo Álvarez de Casa Alfredo. Un recoñecemento moi merecido. Empregando as palabras do viticólogo, Alfredo foi “fundador, patriarca, impulsor, formador e propagador” da sumilleria en Galicia. Hai unha xeración enteira de sumilleres que sairon da súa casa.
http://viticulturista.blogaliza.org/2008/12/04/the-last-glass-ii/
Unha noite moi especial! Como me dixo un dos asistentes… “quen sexa alguén no mundo do viño en Galicia, ten que estar aquí!”. A compañía María Fechoría fixo un grande traballo xuntando nunha mesma noite a tódalas personalidades do viño galego. Con iniciativas coma esta podemos conseguir grandes cousas para o sector, mesmo a implantación dun ciclo para os estudios de sumiller, que tanta falla nos fai.
dedoenlasopa, certo, xa está modificado o apelido, grazas!
Xabres, pois por min cando queiras. Poucas cousas me gustan máis que abrir unha botella e botarlle unha boa conversa.
Xurxo, a ausencia dun ciclo de sumilleres clama ao ceo. Pódesenos encher a boca sobre os viños galegos e o sector, pero nos falta a formación para crear estes axentes fundamentais na transmisión deses viños galegos ao cliente final da restauración.
Mientras leo tu entrada sobre mejor bodega y vino de Galicia, pienso en la importancia que tiene, para valorar los productos de una zona, el situarlos dentro de un movimiento que valore y divulgue el conjunto de las manifestaciones culturales de esa zona. Un trabajo al que tu colaboras con tu divulgación de lo mejor de Galicia y a veces la crítica de los aspectos que no te gustan.
Curi0samente he leido tu entrada mientras necesitaba hoy sentir música gallega -ahora mismo escucho a Carlos Núñez y The Chieftains en http://www.youtube.com/watch?v=grHOcHIhXr8&feature=related- y veía una imagen de otra Galicia y de otra España que no es la habitual, moderna por basada en la tradición a la que se modifica y se enriquece con el intercambio, sin complejos y con ganas de crear.
Hace poco un bodeguero de la D.O. Bullas me comentaba la dificultad de vender sus vinos en Madrid porque “no saben quien somos ni donde estamos”. Ello muestra la necesidad de vender no marcas uniformes -la campaña Vinos de España tan controvertida- si no marcas diferenciadas y que muestren variedad, riqueza, diferencias y personas detrás creando.