Cafés Voltaire: literatura e gastronomía na Fundación Carlos Casares

Hoxe pola tardiña terei a honra de abrir o novo ciclo dos Cafés Voltaire que organiza a Fundación Carlos Casares no MARCO de Vigo. Desta volta, serán por primeira vez tertulias que aborden a relación entre a literatura e a gastronomía. Eu farei unha proposta, un percorrido por algúns dos mellores viños deste país acompañados por referencias literarias e visuais sobre a figura de Casares e outros senlleiros escritores de Galicia. As prazas para esta sesión xa están cubertas, pero podes consultar e inscribirte ás vindeiras no web da Fundación Carlos Casares.

Deixo aquí o guión da sesión, para quen teña interese:

Viño e literatura

MARCO de Vigo
Manuel Gago, condutor

OBERTURA

Terras Gauda (O Rosal – Rías Baixas)

Snacks

BAIXA A MARÉ
Caldo de algas
Oia, Broustenac, Álvarez Cáccamo e o mito das sopas mediciñais da costa galega

OS LABREGOS DO MAR
Polbo de Ons
Carlos Casares e O Polbo Xigante

******

Alma Larga 2007, da Adega Pena das Donas (Ribeira Sacra)

Cabo do río Sil, nas antigas terras do mosteiro de San Vicente de Pombeiro, o godello Alma Larga é un exemplo dun tesouro oculto polas presións do mercado:

REMONTANDO OS RÍOS
Salmón

Arredor dun opúsculo de Isidoro Millán sobre salmón, celtismo, Cunqueiro e Caaveiro

Sobre a perdida xeografía do viño galego que só nos conserva a literatura

*******
Goliardo Caíño 07 ou 08, de Forxas do Salnés (Rías Baixas)

Un monovarietal de caíño fascinante que vincula o inicio do Camiño de Santiago, Borgoña, co seu final

Polo, galiña, ave de pluma

*******
A Torna dos Pasás Escolma (Ribeiro)

Tintos tan privilexiados como escasos, pero un exemplo do enorme potencial das denominacións galegas

BALDOSAS QUE REVEN E CONXUNCIÓNS (G)ASTRONÓMICAS

Callos ou garavanzos / Callos e garanvanzos

Sobre o texto “Callos e Acelgas”, de Carlos Casares

*******

MR (Málaga)

NOS FRÍOS INVERNOS
Bica de Caldelas

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará