Estrelas e lúas para protexer o gando da Galicia central

Last updated on 10 / Xaneiro/ 2010


Fotos: Sole

Na Galicia central repitese un motivo de xeito constante, nos tímpanos das igrexas, nos escudos heráldicos, e tamén nos dinteis das portas. A Lúa e o Sol, o Alfa e o Omega, o principio e a fin. Non sei se alguén estudou en detalle as raiceiras da moita repetición deste motivo artístico. Pero o outro día, en Toques, na aldea de Paradela, sorprendeunos moito este dintel, na chamada Casa de Prieto [localización], un antigo casal en camiño da ruina. Estes humildes gravados amosan a lúa (coas puntas cara abaixo, unha forma habitual nas máis antigas imaxes) e as estrelas (unha delas de cinco puntas) a unha banda da cruz. Da outra, un boi. Toda unha chamada, bastante insólita, á protección e á influencia dos céos na agricultura. Este dintel e fachada debe ser, como mínimo, do XVI, e eu botaríalle sen medo aínda un ou dous séculos máis para atrás.

2 Comments

  1. 10 / Xaneiro/ 2010

    E esta inscrición (a foto non é boa, non temos unha Sole no equipo… ) ten relación tamén coa protección do gando ou significa outra cousa? Alguén aventurou que era símbolo de casas cuxos donos tiñan vacas á ganancia. Está en Comoxo, Boiro.
    http://farm3.static.flickr.com/2115/2261996499_5942ae0e8f_o.jpg

  2. 10 / Xaneiro/ 2010

    Eu non vexo ningún símbolo de protección en si mesmo, pero efectivamente, eu apostaría máis porque aludiran á natureza dos negocios desa casa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará