Tintoralba: as posibilidades da garnacha tintureira

A garnacha tintureira é unha variedade de uva propia da zona de Alicante -aínda que tamén se atopa por moitas outras zonas- que ofrece sorpresas curiosas. Especialmente chamoume a atención o Tintoralba doce. A adega Tintoralba é unha cooperativa de 150 agricultores de Higueruela, na D.O. Almansa, que fan un doce tinto a partir desta uva resistente ás rudezas do calor e a sequía. O resultado é ben curioso. Un tinto doce, aínda que non demasiado, que fresco mantén unha boa tanicidade e, se cadra, unha concentración moito máis elevada que un viño normal. Este certo espesor en boca fai cousas moi curiosas: por exemplo, a proximidade entre o que dá naturalmente esta garnacha tintureira e o que o viño do Porto consegue a partir da súa complexa vinificación. Son viños moi para postre, para tomar con pastas e doces. E unha mostra máis do diversa que pode ser a viticultura da Península Ibérica, na que te atopas rarezas coma esta.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará