Ideas para o futuro (inmediato) da gastronomía galega

Cara onde debe ir agora a cociña galega contemporánea? Vai chegar o 2010 e é un bo momento para reflexionar sobre cal debería ser o avance da gastronomía de Galicia e ter unha visión, non sei se colectiva (que tamén, pero esa pertence sobre todo ao xa imposible ámbito do público), pero si cando menos dunha suma de invidualidades que camiñan en direccións paralelas que ás veces coinciden e colaboran.

Hoxe, lendo unha das boas reportaxes que Marta Fernández publica en Expansión sobre gastronomía e empresa, topei con dúas ideas para reflexionar. A xornalista entrevista aos irmáns Roca sobre a terceira estrela que obtivo o Celler de Can Roca (que marabilla de restaurante). No texto, interesantísimo, aparecen algúns detalles, algúns discursos e filosofías que na Galicia actual son moi difíciles de escoitar, e que poden ser inspiradores para o futuro da gastronomía.

Nota 1. Para pensar moito sobre gastronomía, prosperidade e orgullo local.

26 de noviembre. Al día siguiente de obtener la tercera estrella, una manifestación popular de vecinos se plantó en la puerta de El Celler, donde el menú degustación se cobra a entre 80 y 125 euros. “Aplaudieron y se marcharon”, narra Josep Roca. “Fue un momento mágico en el que te das cuenta de que hay personas que no han visto en nosotros una historia de gastronomía, sino que deben ver otra cosa (…)”.


Nota 2. Consecuencias da Estrela. Gustaríame escoitar visións así por cociñeiros galegos (e redactados posteriormente por xornalistas galegos).

Pero El Celler de Can Roca también es una empresa, una pyme, a cuyo negocio le favorece la obtención de la tercera estrella Michelin, por ejemplo, a través del aumento de la clientela internacional. “Nos permite tener un posicionamiento en la línea de obtener más credibilidad en proyectos futuros y en relaciones de márketing con empresas interesadas en aprovechar nuestra singularidad, trabajo y consolidación como marca”, desgrana Josep Roca como un auténtico gestor empresarial.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará