Last updated on 9 / Abril/ 2010
Fotos: Sole
Aínda que non temos tempo nin para mirar aos lados (literalmente), as viaxes de produción fotográfica permítennos facer algún alto para explorar sitios para a serie Repúblicas de Homes Libres. Aquí estamos vendo o mundo (encarnado na ría de Muros e no río Tambre) desde o Castelo de Ínsua, na Serra de Outes, unha aillada fortaleza nun monte espectacular que os cabestros da forestal ou de montes ou da nai que os fixo destrozaron chantándolle unha caseta por riba. Desde aí vemos o mítico castelo de Luania (onde estou sinalando na foto) e a ubicación das ruinas do mosteiro de Cuarenza, pero tamén ese impresionante penedo da segunda foto, a Pedra Serpal. Como non se ve ninguén ao carón que sirva de referencia, parece pequeno, pero é enorme. E debe estar cheo de lendas.
Seguimos. Lembrade que cando menos nos faltan dous ou tres episodios da serie por contar. Será en febreiro ou marzo. :-)
Pedra Serpal e á enfilación antiga para entrar na ría, é dicir a Marca da ría. Os veleiros de Noia entraban adentro marcando a enfilación pola Pedra Serpal (creo que tamén teño visto Tabeirón, porque desde o mar figura unha aleta, pero pode que sexa un dato trastocado) e a punta sur da Illa da Quebra. Tamén lle axudaban a marcar pedras de peixe e tal os Bois da Luaña, uns lombos que desde o mar parecen lombos de bois a pacer. Iso cando vían e non había néboa. Se había néboa e era de día, guiábanse polos sinos das Igrexas e o ruído especial do mar en según que cons. Hai xente que no mar se emborracha coa néboa, mariñeiros experimentados. Se era de noite e había néboa e non podían oír os sinos, só había unha maneira, un tanto misteriosa, e que só entende realmente alguén que o vivise: a guía neses casos era o que chaman “o mar grande”, un debalo do mar diferente ao das ondas, que aquí vén sempre, de maneira invariable desde o Oeste. O patrón tiña que notar, sentir ese mar e guiar o barco en función da súa orientación invariable; mellor non verse nesas.
Unha aperta, estas informacións veñen dos mariñeiros vellos que aparecen nos vídeos sobre a restauración do Balandro Vieta que están colgados, xunto coas curtametraxes dos rapaces do IES Porto do Son, aquí http://vimeo.com/channels/66149
David, qué narración máis alucinante. Lémbrame ás “neves grandes” que seguen os esquimais nos roteiros invisibles das neves brancas. Cada vento brua e debuxa azoutes diferentes sobre a neve. Un mapa de signos e sons realizado polo vento do círculo Polar.
Fermoso o lugar, e tan básica coma útil a función da Pedra Serpal. “Menos es más”. Complicada tarefa a de entrar pola ría. Supoño que igual de complicado que dar montado unha iniciativa audiovisual coma “vinte dez” a canle dos rapaces do IES de Porto do Son. Noraboa!
David, un gran relato. Tamén teño visto que se fala da Pedra Serpal como “Pedra do Berveo”, pero na rede eu non din localizado informacións sobre ela, a maiores de que é un gran sitio para facer escalada.
Haberá que investigar o folclore.
Poderosa imaxe a do “mar grande”!
hoxe subín ao Castelo cos nenos a ensinarlle a pedra Serpal ou Xarpal, tiña unha curiosidade non comprobada
e en efecto,
se desde a mesma posición na que ti que estás na 2ª foto xirases o brazo uns 45 graos ao norte, ou á esquerda túa, estarías sinalando o Castelo de Portomeiro, perfectamente visible e definido no horizonte, (recoñecerialo senón coñeces o seu perfil pola canteira de seixo que hai aos pés del)
nada extraordinario por outra parte pois vese a terra do Tambre e a terra da Ría toda, ata o Pindo
pensei na familiaridade coa que os rapaces viven a beleza desta terra
Efectivamente, David, teño a percepción de que as ribeiras do Tambre, que son unha das murallas naturais máis grandes que hai nesta parte de Galicia, están inzadas de castelos mirándose os uns para os outros. É unha conxetura na que andamos.
Sobre o castelo, acaba de saír un libro de Carlos Barros titulado “Torres, barras e demo. Os irmandiños da ría Muros-Noia” centrado na Serra de Outes e no castelo que deu orixe á vila. Hai unha noticia da presentación do libro na Coz
http://www.lavozdegalicia.com/barbanza/2009/10/28/0003_8067086.htm
é moi interesante porque alén dos datos históricos convencionais aporta muitos outros moi interesantes dende o punto de vista das mentalidades.
Ademáis, sobre os puntos de enfiar, na ría de Vigo a min dixéronme, ou eu entendín (que non sempre é o mesmo), que lle chaman tamén “abicar”
esquecín a páxina do autor
http://www.cbarros.com/
Si, Avelino, ese libro debe tratar sobre un interesantísimo castelo que hai noutra parte de Outes, o “Castelo de Outes”, que conta cun montón de folclore, e que ten unha historia -real e mítica- do máis interesante, mesmo novelesca, que coñecemos moito grazas ao pleito Tabera-Fonseca. Estivemos ao pé mesmo o outro día, pero publicarei un post cando consigamos meternos en el (creo que aquelo é unha xungla infame). Ademáis, hai confusión porque podería haber algún tipo de recinto anterior nas proximidades.
Pero se non me trabuco, do pobre castelo da Ínsua deste post por agora non sabemos nada que nos digan os libros.
Na aldea de Nimo chámanlle, coma ti comentabas, Pedra de Berveo.
O nome de Berveo non terá que ver co deus Berobreo?
Ehem, Manu, dilo ti, non eu. :-)
Recoñezo que tamén o pensei, aínda que os restos arqueolóxicos do suposto castelo están esmagados pola caseta forestal. Iso si, non parece haber un castro coma no monte do Facho.
A ver se me explico mellor aquí. Visto dende esta foto os tres corotos do castelo de Luania están en liña, pois ben, o primeiro deses corotos sería o tal Castelo Bandeira.
E para ir ó Castelo de Outes eu teño podón, que quedei cas gañas de ir sachar a Pena Furada.
Pois aquí podedes ler outro interesante libro sobre o Castelo de Outes (e outros monumentos) , pódese ter acceso a case a todo o contido sobre o Castelo na web . Pero está moi ben en papel e custa só 10 euros.
http://castelodeoutes.blogspot.com.es/2008/01/i-cmo-era-o-castelo-de-outes.html
Pois parece que o Castelo de Insua ven sendo a fortaleza ou Castelo de Xallas que aparece do Pleito Tabera- Fonseca,(no folio 480) http://xurl.es/i4erf
Ver tamén :
http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago?idMenu=323&idEdicion=1611&idNoticia=545636
Os castelos de Outes, Xallas-Insua, e pedra do Berveo en patrimoniogalego.net:
http://patrimoniogalego.net/index.php/14967/2012/03/castelo-de-outes/
http://patrimoniogalego.net/index.php/7214/2011/10/castelo-de-insua/
Pedra do berveo con persona ao lado)
http://patrimoniogalego.net/index.php/2413/2011/07/pedra-do-berveo/
Non, non é. Para o castelo de Xallas hai evidencias arqueolóxicas e documentais moi claras, que o sitúan onde di a documentación exactamente que está, moi pretiño de Santa Comba (agora mesmo non teño comigo o nome da parroquia). Hoxendía é igrexa parroquial.
Pois a parroquia que lle toca a este é Xallas en Negreira (a aldea máis cerca e Forniños). Concretamente está sinalado agora como “Castelo de Xallas” pola banda de Negreira. Por eso queren ver ao mellor o que non hai. No documento http://estudiosmedievales.revistas.csic.es/index.php/estudiosmedievales/article/view/343 Na páxina 242 mencionase a fortaleza arzobispal do “Coto de Xallas” en relación co Castelo de Outes e o interés do señorío de Altamira en controlar Muros, e o límite do rio Tambre, así como de contrarrestar co Castelo de Outes esta fortaleza. Pero ao mellor a do pleito e outra en Xallas de Santa Comba.
“Así, el notable García Martiz de Barbeira se casa con Sancha de Lobeira.
Con lo que emparenta directamente con un linaje con abolengo, si bien en franca decadencia.Unas referencias a las fortalezas de Outes y Peñafiel en el Tabera-Fonseca,expresan cómo la primera estaba bajo García Martínez de Barbeira, que abusaba delos vecinos de la zona junto a Sancho de Quesende, quien tenía la otra. Se mencionan los abusos, robos y usurpaciones desarrollados desde éstas fortalezas, e incluso en un caso la víctima intenta apelar al conde de Altamira. Pero en el caso de Outes un testigo llega a mencionar que la fortaleza había sido edificada por el propio Barbeira lo que podría interpretarse como el fin de la relación con la casa. En cambio, el interés territorial de la fortaleza para el señorío del Conde de Altamira está claro, se amenazala zona de Muros, se contrarresta la fortaleza arzobispal del coto de Xallas y se consolida el río Tambre como límite físico de las áreas de influencia. En este caso no importa si la fortaleza se toma para la casa o por iniciativa del afín; puesto que éste, une sus intereses territoriales concretos a la consolidación estratégica de los Moscoso.Si bien la fortaleza acaba en manos arzobispales, un pleito entre Sancha de Lobeira y el arzobispo compostelano.
Pero ao mellor a do pleito e outra Xallas
Elixio, o texto que publicas non é unha fonte orixinal, e tampouco indica a localización da fortaleza. Hai bastantes referencias, porque foi sitio importante (pero agora non podo poñerme a buscarchas). A máis interesante é o Tabera Fonseca, que dá unha descrición ampla da fortaleza. Tratábase dunha fortaleza xurisdiccional, é dicir, dun pequeno complexo administrativo con varios edificios, próximo a Santa Comba, como din as fontes. Nada que ver con Ínsua.
Sei que ás veces o mundo é difícil, pero a fortaleza de Xallas estaba en…Xallas. Concretamente, aquí:
https://maps.google.es/maps?q=santa+comba&hl=es&ie=UTF8&ll=43.07372,-8.774863&spn=0.00384,0.007108&sll=42.847275,-8.484535&sspn=0.246679,0.454903&t=h&hnear=Santa+Comba,+A+Coru%C3%B1a,+Galicia&z=18
Un emprazamento privilexiado de control sobre o territorio de Santa Comba e as zonas viarias. As pedras do castelo aínda están nas casas da contorna.
Que por certo, Elixio, motaza con foxo que crea illa artificial, coma o castelo da Ínsua de Cora, nas proximidades do castelo.
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0069A-0305.pdf