Fórum Gastronómico Santiago 2010: comeza a conta atrás

Xa se levan moitos meses traballando no tema, pero hoxe foi a súa presentación oficial no Hostal dos Reis Católicos. Arrinca o Fórum Gastronómico Santiago 2010, que se celebrará en Santiago, na cidade e no recinto feiral de Amio, do 20 ao 24 de febreiro deste ano. Grandes figuras da gastronomía internacional, como Pierre Gagnaire (non mo perdo, paréceme un dos cociñeiros cunha filosofía máis interesante) ou Jakob Mielcke, de Dinamarca, convivirán con cociñeiros galegos do ámbito contemporáneo ou tradicional e do resto da Península. E haberá moitas máis cousas que se irán detallando, como un montón de actividades na zona vella, o xa clásico Encontro de Blogs e…outra cousa.

Unha exposición chamada Ao pé do lar. Memorias da cociña galega. Teño o gusto (e o estrés) de coordinala co apoio dun excelente equipo de expertos e amantes da nosa gastronomía. Poderédela visitar no Museo do Pobo no mes de febreiro. Por agora, non vos dou máis datos con ela, pero máis adiante teredes información detallada. Vai ser algo moi, moi chulo. Aí queda iso.

4 Comments

  1. burelao
    26 / Novembro/ 2009

    Que todo saia, como mínimo, tan ben coma no anterior… e se precisas un revival de Coas nosas mans, avisa eh! ;D

  2. 26 / Novembro/ 2009

    Grazas, Burelao!

  3. Vanesiña
    26 / Novembro/ 2009

    O mesmo digo

    Sorte!

  4. Toño
    26 / Novembro/ 2009

    Hola Manolo. Supoño que xa cho dirían pero onte na presentación do Forum Gastronómico, Pep Palau e Jaume fixeron un cálido agrademento explícito á túa colaboración (falaron en galego por certo). En realidade todos che estamos agradecidos.
    Toño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará