Mar por dentro (3): As nécoras, os máis valentes animais do mar

Xa está por fin o novo episodio de Mar por Dentro, a webserie documental producida por este blog e AXENA sobre a vida dos peixes e mariscos que forman o star system da nosa cociña. Gastronomía submarina en estado puro. (¿Non viches os episodios anteriores porque estabas de vacacións? Non te perdas o do choco e o das ameixas) Este terceiro capítulo vai sobre as nécoras, o animal máis rabudo e bravo das nosas costas. A xente de Axena estrea cámara anfibia -unha novísima Canon Powershot D10, da que xa fixeron unha reseña– para continuar coas inmersións. O resutado son seis minutos de sexo, acción e violencia protagonizados por nécoras da Ría de Arousa. Non é coña, mirade o vídeo e alucinade co tremendo curro que se meteron os buceadores -e tamén o montador tamén, que acabou onte ás tres da mañá.

As nécoras son o tipo de alimento que diferencian, gastronomicamente falando, a un adulto dun neno. A un neno, debullar na labiríntica estrutura dun crustáceo coma este, é unha garantía de perda de paciencia segura. Pero conforme pasan os anos, a xente vaille collendo o gusto a isto de perder media hora comendo un cangrexo grande. Na Ría de Arousa as nécoras son unha auténtica paixón familiar, e aquí gárdase o segredo da gastronomía de proximidade: diferenciar as nécoras polo seu hábitat, que manda truco. A miña avoa, por exemplo, sempre lle collía as nécoras ao Gharulo porque ía pescalas ás pedras de Punta Ostreira, ao abeiro das murallas do antigo castro. Os nosos devanceiros sabían ben onde vivir! As nécoras teñen hábitats moi diversos, pero cada recanto do noso pequeno mar outórgalles un sabor diferente, e aí está o truco da proximidade.

Gastronomicamente, pola contra, non teñen sido moi aproveitadas. Se cadra o preparado máis complexo a nivel popular sexa a crema de nécoras, aínda que hai algunhas elaboracións un tanto freaks ao meu ver como as nécoras fritidas. Pero o certo é que, a principal discusión en canto a elaboración de nécoras, o que nos enfronta ás Rías Baixas contra as Altas é:

-¿Con loureiro ou sen loureiro?

E o acto de manducarse unhas nécoras conta con terminoloxía propia. A min encántame o termo peixuda, que non está nos diccionarios pero expresa un concepto hipergourmet da ría de Arousa. Unha nécora peixuda é aquela que está no punto, que independentemente de se está gorda ou flaca (no vídeo ensinámosche a distinguir as súas calidades e o seu sexo), o que destaca é, sobre todo, polo seu intenso sabor. Iso é peixuda.

10 Comments

  1. 22 / Outubro/ 2009

    Magnífica edición manuel gago, curiosa, atractiva y ademas extendida.

  2. 22 / Outubro/ 2009

    Cando digo que es un blogueiro dos millores é por que fas cousas coma esta que son amenas, instructivas e fan país.
    Gústame e estou ansioso por seguir esta serie.

  3. 22 / Outubro/ 2009

    dende logo esta moi ben! as nécoras son uns animais que son unha pasada e que realmente aínda descoñecemos moito do seu comportamento.. son terriblemente agresivas entre elas moitas veces pero outras tantas teñoas visto moreas delas debaixo da mesma pedra moi moi tranquiliñas e tocandose as unhas cas outras…
    e claro tamén resaltar o ricas que están… !!

  4. dario
    22 / Outubro/ 2009

    Peixudo o video!
    Ainda que escoitando a Manuel e Xurxo non teño tan claro eu que o Pulpo sea o principal depredador das nécoras…

  5. 22 / Outubro/ 2009

    Moita grazas!

    Sen dúbida, o polbo é un afeccionado… :-)

  6. 23 / Outubro/ 2009

    Soy yo la nécora y os ibais a enterar. Ni ratos íntimos, ni comer agusto y ni dormir. ¡A Peta que vais!
    ¡Qué bueno, Gago!

  7. 23 / Outubro/ 2009

    Amigo Manuel, o teu é algo vicioso, enfermizo :-). Mesmo tes un perfil similar a o das nécoras, elas tamén son unhas grandes sibaritas, aliméntanse sempre do mellor, algas, camaróns, …
    Outro que non lle chega con come-lo pan, ten que prantar trigo…
    Apertas.

  8. rosiña
    30 / Outubro/ 2009

    xenial!!

  9. emilia
    2 / Novembro/ 2009

    gustoume moito a montaxe, a música nin feita exproceso para a sesión fotografica.
    A toma da nécora comendo á lapa é fantastica.
    Espero que fagades moitos episodios coma este.

  10. 2 / Novembro/ 2009

    Grazas, Emilia.

    O tema da banda sonora é fundamental nestes minidocus sen voz en off.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará