El Sequé 2006: un sedutor viño mediterráneo

Artadi, unha adega de sólida traxectoria na elaboración de viños na Rioxa alavesa, é a promotora dun proxecto en Alicante, zona vitícola que quedara fóra do boom do viño de calidade no Estado. Alí foi dous viños: El Sequé e Laderas de El Sequé, gama alta e baixa respectivamente. El Sequé 2006 está feito cun coupage no que a uva monastrell é a auténtica protagonista (un 80%): é voluptuoso, seductor, moi amplio en boca ao principio, con notas de froitos negros, balsámicos, de prantas do monte baixo; o seu posgusto curto encaixa co seu carácter netamente mediterráneo. É complexo, pero moi atrativo e goloso. Ademáis, que é o típico viño para cea de ligoteo, vaia. A min encántame, e está moi, moi ben de prezo: 16 euros. En Santiago consíguese en Valladares e na Viña de Xabi.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará