A brétema nos Chans do Barbanza


Fotos: Sole

Vou publicar en breve a terceira entrega da serie de posts As Repúblicas de Homes Libres, sobre as pegadas da Época de Ninguén, o mundo altomedieval de Galicia. Nunha xornada sobre Camiños Primitivos do Barbanza organizada polo Faiado hoxe na Pobra saltaron algúns detalles que me fixeron pensar antes de escribir. E subimos aos montes, aos chans escuros do Barbanza, a contrastalos sobre o terreo. Neste mundo espeso, de néboa pechada, está forxada a miña conciencia desde pequeno. Sole tirou estas fotos absolutamente máxicas das aves rapaces, a invernía temperán e a brétema entrando nos chans da miña serra, que son parte importante da memoria visual da miña vida. Moviámonos hoxe por estensións sen camiños, entre penedos, brañas, toxos e mandas de cabalos bravos, na procura de algo que nos fixera comprender. Se o dimos atopado ou non, contareicho no terceiro post de Repúblicas de Homes Libres.

7 Comments

  1. 11 / Outubro/ 2009

    Impresionantes fotos!!!!

  2. 11 / Outubro/ 2009

    Qué fotos…!!!

  3. 11 / Outubro/ 2009

    Si, son muy chulas. Todos los Chans, una gran meseta granítica rodeada de oteros a 600 metros de altura sobre el mar, es un paisaje alucinante.

  4. Cubeliños
    12 / Outubro/ 2009

    Sr. Gago: Estupendas fotos…. cheiro a néboa… a humidade… cheiro a Curota!!!!!

    Por certo, algunha sinal de cogumelos neses fermosos chans , ou nos seus bosques ( os poucos que quedan).

    Grazas de antemán.

  5. 12 / Outubro/ 2009

    Cubeliños, aínda que nos bosques próximos ao mirador había algunha xente buscando, non parecía haber aínda nada. Ben, nada agás o psylocibe que nacía na bosta dos cabalos onde nós estivemos, máis lonxe, alí onde non hai camiños…

  6. 12 / Outubro/ 2009

    E creo unha cousa: que hai que reivindicar a fermosura brava da nosa serra desfeita, inzada de pistas, aeroxeneradores, parcelada polos gandeiros. Perdimos a nosa serra, o enorme territorio mítico e tumba dos nosos devanceiros, o maior tesouro do Barbanza.

  7. Cubeliños
    13 / Outubro/ 2009

    Pois si, o Luns fomos dar unha boa camiñada cos rapaces, e xa recollemos os primeiros níscalos da tempada.
    Xa ves, aínda despois das grandes curtas, que por certo non se repobla nada, atopamos un cestiño de “lactarius deliciosus”, que como ben di o seu nome estaban idem.

    Un saúdo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará