A pau seco

Last updated on 3 / Setembro/ 2009

E non me refiro a un estilo tipográfico, senón aos modos de beber grandes viños.

Os luns son días estraños; determinados bares reúnen a toda a hostelería da cidade que, no seu día de descanso, simplemente cambia de establecemento.

Xa me ten pasado varias veces. Sentados na barra, os sumilleres e os seus amigos -tan enópatas como eles- degustan algunha gran botella. Lembro a Arnaud, entregado cun amigo a un Pintia -o viño de Toro de Vega Sicilia. Sen reparos, pediran ese pedazo de viño, con estrutura e corpo, e acompañáranno das tapas servidas na barra que ofrecen coa consumición. Nada máis. Viño, polo mero placer de beber viño.

¿Unha práctica un tanto bruta? Non tanto. Dígovos unha cousa. Para as boas comidas ou ceas busco un bo viño, mesmo un viño moi bo, pero nunca un viño excelente, supremo. Un deses viños que abres en só contadas ocasións.

Os viños excelentes, ao meu ver, hai que degustalos sós, co xusto para que non faga dano. Nas comidas domésticas é moitas veces difícil facer que todo o menú maride co viño e é unha mágoa perder matices. Estes viños hai que degustalos, moitas veces, ao longo de dúas ou tres horas; así podes ver como evolucionan, converténdose nalgo parecido a Benjamin Button, ou ao revés. O meu truco, para os grandes viños, é tomalos con pouca xente, unha ou dúas persoas como máximo. E picar, ao principio do desrollar, algúns entrantes saborosos que abonden. O resto do tempo, deixarllo só ao viño. E observar, e atender.

Son uns egoístas, sen dúbida.

9 Comments

  1. 3 / Setembro/ 2009

    Egoísta non, un tipo intelixente . O

  2. 3 / Setembro/ 2009

    O viño din que é para compartir pero ninguén dixo con quen nen con cantos… isto era o quería decir :-)

  3. Lui_C
    3 / Setembro/ 2009

    Totalmente de acuerdo. Los mejores vinos me los bebo en casa, con mi pareja, por la noche, y acompañados de solamente algunos pinchos que no interfieran demasiado en la percepción del vino, que es lo importante en este caso.

  4. 3 / Setembro/ 2009

    Está claro!! Sin ir más lejos, el viernes pasado tomamos una botella del Titán del Bendito y nada, un poquito de queso, unos tomates de secano aliñados y a por el vino!! Que por cierto, VAYA VINO!! Primero habíamos tomado una del Domino del Bendito (misma bodega) y luego nos pasamos al Titán. Si el primero se sale, el segundo yaaaa….

    Un saludo.

  5. .
    3 / Setembro/ 2009

    supoño que onde pos eces queria poñer veces non? haha

  6. Cesar
    3 / Setembro/ 2009

    Venme a cachola aquela imaxe daquela película do tipo feo entendido en viños, catando aquel Cheval Blanc en vaso de plástico….sóo…Por amor de deus, creo que tres son multitude, pero sóo poucas veces…comparte. Pero entendo ben a imaxe…a botella, o paladar e nada de presunción, sóo matices, sóo sabores, sóo a natureza concentrada en coor roxo…
    !sibaritas!

  7. 3 / Setembro/ 2009

    Milu, que gran asignatura pendente, o Titán del Bendito, acábasmo de lembrar…

    Punto (non sei se seguido ou aparte ;)), xa está corrixido. Confío que a gralla non lle fora desagradable a ninguén.

    O certo, Cesar, é que non me dá especialmente medo tomar viño só. Prefíroo en compañía pero, ás veces, unha boa copa de viño a soas disfrútase moito. Hai un deseñador web, Hilman Curtis, que nun dos seus libros conta como cando se atasca desrolla unha boa botella e déixase levar con música. Libera o problema con facilidade.

    O bo que ten o viño é que dá para todo isto.

  8. 3 / Setembro/ 2009

    Lui_C, a min gústame moito a túa “proba do lume” de deixar algo aínda na botella
    para o día seguinte e ver que pasa…

    Paco, o egoísta é o viño, non nós…:-)

  9. 3 / Setembro/ 2009

    Desde mi punto de vista, totalmente amateur, tengo comprobado como algunos vinos de no poco precio precisamente, tienen un inicio de lo más razonable pero el envejecimiento que puede llegar a darse en la misma copa si lo dejamos un rato, me parece bestial (en sentido negativo).
    Me gusta que evolucionen, que notes como van cambiando pequeños matices, como se expresa, como puede tener un inicio alto tosco y terminar de una manera mucho más elegante…pero que empieces con fruta madura y termines con algo totalmente pasificado, o licoroso…no lo entiendo muy bien…No quiero pensar que será de ese vino si lo dejo de un día para otro…miñanaiquerida!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará