The Cove: un documental sobre a matanza de golfiños no Xapón

Last updated on 23 / Agosto/ 2009


The Cove
é un galardoado documental dirixido por Louie Psihoyos con guión de Mark Monroe. É un curioso cruce entre Flipper e un thriller. A historia centra a investigación do antigo adestrador de golfiños, Ric O’Barry (o que entrenou a Flipper) en destapar unha práctica oculta nun pobo de pescadores do xapón, Taiji. De madrugada, para que non os vexan, un grupo de pescadores pescan golfiños de xeito indiscriminado, unha práctica ilegal. O documental é a arriscada investigación para amosarlle ao mundo as prácticas, pero planteado case como unha película, con técnicas e formas de gravar que son raras de ver neste tipo de producións. No trailer pódese albiscar esta ambiciosa realización. Foi premio do público en Sundance e nunha chea de festivais máis. O web oficial contén numerosa información sobre a historia.

3 Comments

  1. joseluis
    24 / Agosto/ 2009

    la leche, una cosa. La web oficial no va, por lo menos hoy. Sabeis donde puedo ver o descargar el doc entero.

    Un saludo

  2. 24 / Agosto/ 2009

    Xa está recuperada a páxina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará