O ataque das luras xigantes



Roger Uzun
está facendo en California un Mar por dentro coma o noso (aínda que con máis medios). Durante a gravación dun episodio, nun momento determinado, podemos ver como fuxe despavorido un tabeirón. ¿Por que? Mirade a gravación e contra a metade veredes a aparición dunhas luras xigantes con non moi boas intencións. Aviso: asustan bastante (cando menos a min). Parece unha peli de aventuras en technicolor.

Vía Axena.

5 Comments

  1. 19 / Agosto/ 2009

    A mí también, a mí me acojonan…. Parece que son las hijas y en un momento parecerá uno enorme y te zampa.

  2. Norte
    19 / Agosto/ 2009

    Mimá, se etiveran boas coma as daquí menudo arrós que se podía faser meu!

  3. lapatianco
    20 / Agosto/ 2009

    Home, ¿e non habían atacar as “luriñas”? Sábencho ben os que van ás luras, e moitos mariñeiros. ¿Ou non sabía esta xentiña do video que as luras debecen pola luz? … e ese foco éche ben atraínte para elas.
    Inda que supoño que poida que si o souberan e deixasen aceso o foco precisamente para sacar esas imaxes tan impactantes.
    Pero si que poñen medo, si. E parece que vaian trabar ben … pero unha vez pescada unha destas e pasada por unha tixola …. vaites, vaites!!. Que poida que incluso che estean ben ricas, inda que a min me da que un pouquiño duras.
    Saúdos.

  4. 20 / Agosto/ 2009

    Señores, sinto contrarialos, pero se as luras xigantes de California son da mesma familia que viven no Cantábrico ibérico (seica unha boa parte delas habitan no fondo do profundo canón de Avilés que corre por baixo o Cabo Peñas), non son comestibles. Na carne teñen un compoñente que as fai indixeribles.

    Mágoa. Haberá que probar a engordar as que temos. :-)

  5. 21 / Agosto/ 2009

    Si que dan medo!

    Hai pouco que me aprenderon a ter coidado cos cefalópodos de segundo que tamaño. Xogar cun polbo ou un choquiño é unha cousa. Se o bicho é grande pódese tirar á segunda etapa e mesmo aos lentes, e arrincarchos (non é preciso dar máis detalles do que pasaría despois…).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará