Mar por dentro (2): Chocos coa súa tinta

Last updated on 10 / Agosto/ 2009

Como vimos a excelente acollida que tivo o primeiro dos episodios da webserie Mar por dentro, sobre a ameixa fina, metímonos na auga de novo a observar a unha das especies máis vistosas (e ricas) das rías galegas: o choco. Este segundo episodio: “Chocos coa súa tinta”, amosa os comportamentos máis sorprendentes deste animal baixo a auga, filmado pola xente de AXENA. Algunhas das imaxes son certamente fermosas E motivados polo voso interese e o número de visitas, nos imos currando algo máis as cabeceiras, as bandas sonoras e a edición xeral dos vídeos. Se podedes, mirádeo.

Que queredes que vos diga: se para min hai un sabor característico deste mar son os chocos. Á sepia e aos seus diversos familiares acompáñalles uns indicadores gastronómicos tan seus, tan diferentes ao resto das especies, que os fan como chegados doutro planeta. Adoro os chocos á prancha, listos, precisos na súa textura na que se alterna o branduzco co tostado, pero o encumbramento deste cefalópodo na cociña mariñeira está nos guisos e nos arroces, mantendo o toque dozón da súa tinta como xeito de outorgar consistencia.

As localizacións son na Igrexa dos Mouros (Palmeira – Ribeira) e na praia de Canido (Vigo).

7 Comments

  1. 5 / Agosto/ 2009

    E morden! Pero morden moito?
    Mira que son uns bichos ben raros… parecen prehistóricos.

  2. 5 / Agosto/ 2009

    Te digo una cosa: me muerde a mí y ese choco está a la plancha o con guisantes y patatas en una hora. ;-)
    jejejeje

  3. 5 / Agosto/ 2009

    estupendo papel o interpretado polo choco, fixo un pouco de todo, incluso a roída, pero tamén sabe ser agarimoso. Estiven botando un ollo este fin de semana pola Curota, Corrubedo, etc Cando volva teño que ver Palmeira.

  4. 5 / Agosto/ 2009

    Vimeo está a ter problemas para reproducir o vídeo incrustado. Mentres non o solucionan, podes velo directamente en Vimeo:

    http://vimeo.com/5918049

  5. 5 / Agosto/ 2009

    Xa se recuperou!

  6. r.r.
    5 / Agosto/ 2009

    Qué fermosos vídeos. O peor é que a min pásame como a el pingue e como a un meu amigo que cando vai á casa dos peixes da Coruña di que se lle abre o apetito…

  7. 6 / Agosto/ 2009

    Totalmente de acordo. A serie vai ter dez vídeos e todos son de bichos non só comestibles senón tamén apetecibles. É a ambivalencia galega: paréceche bonito aquelo que está rico. :-)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará