O viño entra nunha revolución social

Last updated on 31 / Xullo/ 2009

Moita atención a como se está poñendo o viño da rede. Non hai ningún produto da industria agroalimentaria, a escala global, que estea a construír, desde diferentes puntos e de xeito sincronizado, toda unha serie de estruturas conversacionais e sociais ao redor del dunha dimensión similar. E non falamos só de blogs. Falamos de tendas electrónicas moi desenvolvidas, cun amplo stock, que se benefician da valoración social. Falamos de comunidades de cata e de valoración por parte de afeccionados, widgets de valoración, etc. Como xa temos observados noutros ámbitos da Internet social, este fenómeno -aínda con matices locais- estase a producir de forma sincrónica a escala global e local. As grandes aplicacións norteamericanas teñen unha correlación -habitualmente máis modesta- en proxetos e startups baseadas no fluxo social ao redor do viño en España. A rede social, por suposto, é o termo de moda. No Estado, como comunidades, temos yvinos, ecatas, vinogusto, descorchados, Lo Catamos, quevino.com ou mesmo vinogallego.com , entre outras, contando ademáis coa máis influínte de todas no Estado, verema. Iniciativas creadas de forma paralela ao enorme xurdimento destas ofertas nos Estados Unidos: Adegga, Cellar Tracker, Cork’d, Snooth, Vincellar ou Winelog. As norteamericanas son moito máis diversas: mentres as españolas céntranse na conversa e na puntuación, entre as que menciono dos Estados Unidos hai unha diversidade funcional e un uso máis creativo da tecnoloxía. Alén das redes sociais de conversa, nas norteamericanas vemos sistemas en liña de catalogación da túa adega caseira ou comunidades de compras a partir da valoración social previa, ao estilo Amazon. En xeral, aí é onde podemos albiscar en que se poden converter as comunidades de consumidores nun futuro inmediato: pásase da conversa como único alimento do sitio a un sistema organizado de aproveitamento da intelixencia colectiva para axudarte na toma de decisións (de compra, neste caso). Acaba de presentarse un interesante estudo We are here! The state of Wine Industry Social Media , unha referencia básica para todos os adegueiros que queiran coñecer máis sobre o mundo dos consumidores de viño nos Estados Unidos. No caso galego, é unha teima recorrente no último ano de moitos empresarios e xerentes que buscan abrir mercado nalgúns Estados norteamericanos. Aquí se pode baixar en PDF.

Creo que hai moitos factores derivados do propio produto para entender este tremendo boom do viño. En primeiro lugar, a abundancia de marcas e, á vez, o popularizadísimo que está o seu método de catalogación (anadas, DO’s), co cal xa existe unha linguaxe establecida para organizar miles de marcas. En segundo lugar, a valoración por puntos popularizada por varios críticos gastronómicos nas últimas décadas, e que callou fondo -pola súa sinxeleza- entre moitos afeccionados; iso permite sistemas de valoración. E, en terceiro punto, unha significativa parte da afección ao viño baséase na noción de descubrimento e, por suposto, a de comunicar o descubrimento. Internet é coma un regueiro de pólvora para os enópatas. O que aconteza con el no mundo do consumidor global e 2.0 pode dar a clave para comprender outros procesos da socialización dixital da alimentación e o consumo.

En todo caso, a maior parte dos proxectos de redes sociais de viño dependerán da masa crítica e faladora que consiga reunir detrás para poder sobrevivir, xa que carecen dunha infraestrutura humana que provea de contidos de calidade, en moitos casos. Ao que levo visto, en moitos dos exemplos citados no Estado español, o problema é as cifras de usuarios, moi limitadas. Moitos aínda non conseguiron reunir a moitos afeccionados da comunidade. Seguramente, nos vindeiros dous anos, as dúas ou tres máis dinámicas conseguirán liderar o sector.

5 Comments

  1. 30 / Xullo/ 2009

    gustaríame destacar de entre os que nomeas que Adegga, malia estar en inglés, naceu en Portugal e o seu equipo é portugués, con xente coma o André Ribeirinho, que mesmo tamén anda enredando con cousas como Tarpipe :)

  2. 31 / Xullo/ 2009

    ¿Todos con enlace salvo vinogusto? ¿Es a propósito?

  3. 31 / Xullo/ 2009

    Por supuesto. Es parte de una conspiración planificada y consciente.

    Ya está corregido. Muchas gracias. :-)

  4. Jose Luis Louzán
    1 / Agosto/ 2009

    Por enredar un poco… Lo unico que le veo de pega a las redes sociales en lo que se refiere al vino es el hecho cierto de que la participación popular no acude de forma “libre” a estos foros. Me explico

    La existencia de la figura del “experto de la casa” (o expertos) limita mucho que un anonimo cualquiera este dispuesto a ofrecer su nick (ya no digo su nombre real) a la “arena” publica del foro para ser despellejado, tal vez, por decir que le gusta tal o cual cosa o le disgusta tal otra… Eso limita aunque, al tiempo, da cierto prestigio entre la parroquia mas preparada del mundo de la culturilla del vino que diria el gran M. Camblor…

    De todos modos, coincido con tu reflexion final sobre que en los proximos dos o tres años probablemente la cosa se limte a dos o tres foros unicamente. Sabido es que uno de ellos será Verema… el otro o otros que sobrevivira no lo se.

    Aun así, preferire siempre guiarme y participar en mini-foros, al modo blog. Creo que, con excepciones si, guarda un cierto amateurismo que los foros no tuvieron casi ni en su nacimiento, y que algunos pierden a pasos agigantados…

  5. 2 / Agosto/ 2009

    É certo, José Luis. Eu engadiría unha cousa máis. Eu creo que xorden tantas redes sociais (non só no viño, pero este é un exemplo claro) porque os promotores pensan que se van manter soas…cando este tipo de webs precisan de moito traballo dos administradores e, polo tanto, un certo investimento en tempo e a nivel económico. Ese tamén será un reto importante.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará