Mar por dentro: unha webserie sobre a vida das especies que comemos

A idea foi do meu irmán, Xurxo Gago. Probando cunha cámara de fotos Panasonic Lumix e unha bolsa estanca, bucea nas augas da ría de Arousa, nas que obtén fermosas imaxes da explosión de vida que se atopa no noso mundo submarino. O obxectivo é ir publicándomos, nunha coprodución a partir do traballo dos membros de AXENACapítulo 0 aos poucos, pequenos webepisodios sobre como vive, cal é o seu hábitat e comportamento e que sabemos sobre o marisco e o peixe que fan da nosa costa un afamado destino gastronómico. De seguro que habedes levar sorpresas. No fondo, a miña teima é saber máis sobre o que comemos, devolver en plan audiovisual o coñecemento que perdimos cando deixamos de conseguir a comida por nós mesmos. Sempre lembrei como os mariñeiros da Pobra ou Palmeira coñecían á perfección os costumes e accións do polbo ou do congrio a base de práctica. Por agora, á serie chamámoslle Mar por dentro, un pouco en plan cachondeo. Todo está en plan bastante beta, pero gustaríanos recibir comentarios construtivos ao respecto.

Esta primeira entrega está dedicada á ameixa fina, e está pensada de xeito bastante experimental. Xa hai imaxes das vindeiras especies e iremos distribuíndo diferentes episodios monográficos (dedicados a unha especie concreta e comestible) ao longo dos vindeiros meses.

Xurxo achégame este texto que complementa estupendamente o vídeo:

As rías galegas son un dos ecosistemas máis productivos do mundo. Nelas conflúen unha serie de circunstancias que as fan únicas e que permiten manter tamaña producción biolóxica. Prodúcense nos momentos anticiclónicos (ventos do norte) un desprazamento das augas da superficie (quentadas polo sol) escasas en nutrintes cara o mar, para compensar entran augas frías (de ahí a explicación de por qué temos unha auga tan fría sempre) das profundidades (aquí case non temos plataforma oceánica) cargadas de nutrintes (o que se chaman os afloramentos ou upwelling) e que son a base da producción primaria de microorganismos coma o fitoplancton, que á sua vez serve de comida para o zooplancton, e todos eles dos organismos filtradores… etc macroalgas, peixes…

A ameixa fina (Ruditapes decussatus), de lei ou sá (en Abanqueiro), é a especie de ameixa máis apreciada de Galicia. Soe atoparse en bancos de area grosa e aguanta moito millor que outras ameixas coma a babosa (Venerupis pullastra) os cambios na salinidade do auga, da temperatura e a exposición ó aire na baixamar. Isto é debido por unha das súas características diferenciadoras coa babosa. E é que os seus sifón están completamente separadas e son moi longos o que lle permite enterrarse ata uns 30 cm de profundidade, (no braille do mar para aqueles que o saben ler finalmente significará que os seus ollos están separados). A babosa sin embargo non, queda máis na superficie expoñendose en maior medida (os seus ollos están moi xuntos, xa que os sifóns só se separan na punta).

A cuncha ten un estríado lonxitudinal e radial moi marcado (a babosa non o ten radial ou moi inapreciable). Son incansables compañeiros dos mariscadores as lorchiñas de area que sempre andan detrás deles para ver que poden sacar e alimentarse tras cavala area. Centos deles apiñócanse nas proximidades do furado esperando o seu turno. Tamén resultan típicos dos bancos de area os chopiños, que se camuflan á perfección co fondo de gran, adoitando na súa pel unha variedade de cores que os fan imperceptibles ó ollo inexperto.

11 Comments

  1. 21 / Xullo/ 2009

    ¡Qué bueno Gago!

  2. 21 / Xullo/ 2009

    está xenial!
    cunha camariña e un pouco de paciencia e imaxinación…
    moi instructivo!

  3. Alberto
    21 / Xullo/ 2009

    Moi boa idea! As imaxes son de boa calidade e a verdade é que me quedei con gañas de máis. De momento, aprendín que os peixiños cos que xogaba eu de pequeno na praia e cos que xogan agora as miñas fillas son lorchiñas. Noraboa pola iniciativa!

  4. 21 / Xullo/ 2009

    Este novo proxecto tenme moi boa pinta penso que o imos pasar moi moi ben e que ten moitas posibilidades moi interesantes. Aínda hoxe durante a comida Juan e mais eu estivemos falando do asunto. E resulta moi ilusionante. Por suposto, aceptanse ideas e proposicións.

  5. 21 / Xullo/ 2009

    Moi bo o video e a idea!!!

    Xa poredes algunha foto do trasto que tedes montado ;-D

  6. montse
    22 / Xullo/ 2009

    Boa idea! A ver se atopades os cabaliños de mar que botaron na ría os do CSIC!

  7. 22 / Xullo/ 2009

    Non está mal para ir empezando. Efectivamente, temos moito que aprender sobre o que comemos. E si, hai moita cultura e moito saber que se están a perder de xeito gratuíto.

    Xa estou impaciente por ver os nosos amigos a vieira, a centola, a nécora, o polbo ou a navalla. Que boa compañía e que mellor mariscada!

  8. 22 / Xullo/ 2009

    Efectivamente, faragunde, os que mencionas serán os actores dos vindeiros episodios. :-)

  9. carlos
    22 / Xullo/ 2009

    olliño que anda Maneiro detras vosa…

  10. r.r.
    5 / Agosto/ 2009

    Bueno, ben bonito. E teño que dicir que o segundo parece mellor feito aínda que este primeiro, así que, parabéns. Eu penso seguir atentamente este serial.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará