Welcome to Nollywood

Estas imaxes tan potentes pertencen ao traballo do fotógrafo Pieter Hugo sobre Nollywood, como se coñece á industria cinematográfica nixeriana, a terceira máis importante do mundo. A serie completa, espectacular, tamén permite apreciar o gusto do público africano pola temática zombie, pero tamén a versión africana dos mitos do cinema occidental. Interesantísimo.

2 Comments

  1. 21 / Xullo/ 2009

    non coñecia esta industria nin o fotógrafo, pero as imaxes teñen, como dis, unha forza brutal.

  2. Gregorio Samsa
    24 / Xullo/ 2009

    Eu si coñecía desta industria. É máis, sen dúbida trátase dunha industria modélica á hora de cadrar orzamentos. Cada filme, rodado en cámara dixital, custa unha media duns 20.000 euros e véndense en mercadillos, quioskos e comercios varios a un prezo de entre dous e tres euros. Ten a súa propia audiencia de clases baixas e medias e goza de saúde empresarial que a fin de contas é o que importa.

    Que sentido ten facer como nós, filmes de dous ou tres millóns de euros [que iso é ‘nin chicha nin limoná’] para logo esnafrarse nas salas de proxección ás que case ninguén xa vai? Non nos engañemos, o noso cinema vai perder sempre á batalla frente aos Indiana Jones e os Will Smith de turno. É completamente absurdo, dende o punto de vista da lóxica empresarial, facer pagar os mesmos 5,50 euros por ir ver unha superproducción de Hollywood de 300 millóns de euros, coma pode ser Avatar, a última de Harry Potter ou a anunciada Spiderman 3, que unha galega de 1,5 millóns. O mesmo sucede coa venda en outras ventás de explotación, coma é o DVD.

    Insisto, Nollywood debe ser un modelo de industria a ter moi en contar para pequenas industrias cinematográficas, como pode ser a galega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará