Gran reportaxe sobre a Ribeira Sacra no New York Times

Francisco Canestro avísame (¡grazas!) dun gran texto aparecido o 14 de xullo no New York Times. Eric Asimov realiza unha importante e precisa reportaxe multimedia para o New York Times sobre o proceso de recuperación da Ribeira Sacra como zona vitícola, recomendando diferentes viños e entrevistado a distintos adegueiros da rexión. Asimov centra a ampla reportaxe nas tensións entre un vello estilo de viño da Ribeira Sacra, que pensa en producir litros e litros de baixa calidade, ou en substituír as variedades tradicionais por algunhas internacionais, e os novos produtores, na procura da calidade do terroir. Iso si, para el o máis sorprendente é que un dos epicentros vinícolas da zona se chame Sober (sobrio, en inglés).

2 Comments

  1. 18 / Xullo/ 2009

    E que os galegos temos unha retranca internacional. Saúdos e apertas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará