Comer local, comer auténtico: unha campaña canadense

Un magnífico infovídeo da campaña Eat Real, Eat Local, destinada a concienciar aos consumidores de que a importación de froitas e alimentos en xeral desde outros países está a crear serios problemas ao mantemento da agricultura local do país. Paga a pena velo (polo gastronómico e polo visual).

4 Comments

  1. 17 / Xullo/ 2009

    A verdade é que Canada está a converterse na punta de lanza neste asunto do consumo local e sostible. O interesante do asunto é que é unha conciencia que está apoiada por algunhas empresas, como a editorial Whitecap, especializada en gastronomía, e na que a influencia dos bloggers está a ser determinante. Hai unhas semanas falei deste asunto, no que a blogoesfera está a funcionar como dinamizador e divulgador a nivel internacional
    http://gourmetymerlin.blogspot.com/2009/06/esto-no-es-sostenible.html

  2. lapatianco
    17 / Xullo/ 2009

    Pois si oh!!. Como sempre, andas á última.

    O movemento de consumo responsable (e local) é algo que está a medrar en Galicia. Coido que xa hai cooperativas de consumo responsable en todas as cidades galegas.

    Xusto estas semanas estase finalizando a constitución da de Coruña:

    http://www.zocaminhoca.org/

    E cada vez hai máis xente que fala de soberanía alimentaria.

    A cousa vai pouco a pouco, pero medra.

  3. 18 / Xullo/ 2009

    Un vídeo precioso para un tema clave. Tamén en Francia lle están a dar ao tema do consumo local a importancia que merece. Aquí temos que recuperar o desandado coa perda de peso das prazas de abastos e as feiras. As cooperativas de consumo responsable son un camiño, pero tamén é fundamental conseguir que nos establecementos en todos os produtos básicos se indique claramente a súa orixe. A tratorada desta semana pode que fose un paso adiante neste sentido.

  4. danielo
    18 / Xullo/ 2009

    Boísimo o video, encántame a narración.
    En Compostela, ademais da cooperativa de consumo eirado.org, que aposta polos produtos ecolóxicos e locais, abriuse hai moi pouco un restaurante coa mesma filosofía.
    http://www.comarca54.com/
    Había tempo que non probaba uns tomates tan sabrosos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará